Cros escolar no CPI Manuel Suárez Marquier
Martes, 29 de outubro de 2024.
A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Agrupación Deportiva Baixo Miño, en colaboración co Concello de O Rosal e o CPI Manuel Suárez Marquier, organiza os días 29 e 30 de outubro, en horario lectivo, un cros escolar para os centros educativos da comarca, no recinto do CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal.
Esta proba enmárcase dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia, e pretende fomentar a práctica deportiva na poboación en idade escolar.
No propio recinto do CPI, e nos seus arredores, deseñouse un circuito con variacións en función da idade, que terá que percorrer alumnado participante dende segundo de primaria ata segundo de ESO.
Trátase de realizar carreiras por grupos/clase enteiros, buscando a inclusión e participación da totalidade do alumnado. Deste xeito, cada equipo o forma a clase completa de cada curso e colexio.
Agardamos unha participación total de entre 1500 e 2000 atletas nas dúas xornadas de competición na que participa alumnado dos centros educativos dos concellos de Salceda de Caselas, Tui, Tomiño e O Rosal.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |