Skip to Content

Taboleiro

Velaquí as cuestións dos libros do mes de febreiro en formato PDF:

 

 

Os alumnos de Cultura Clásica de 4º fixeron un mural sobre os doce deuses que conforman o Panteón grego.

OS ALUMNOS DE ATENCIÓN EDUCATIVA DE 3º COLABORAN COA REVISTA TANGARAÑO ELABORANDO MATERIAL "VARIADO".

 

Xa comeza  o III Campionato de fútbol-sala do CPI da Cañiza. Esperemos que sexa un éxito como en anteriores anos. Dende o 7 de Febreiro ata mediados de Marzo estaremos no recreo a darlle ó balón dun lado para outro.

O CPI da Cañiza organizou un mercado pola solidariedade cos nenos e mulleres que traballan no vertedoiro municipal de Managua, "La Chureca" (no barrio de Acahualinca), co motivo de mellorar os dereitos humanos e condicións de vida das mulleres, e dos nenos e nenas desa zona.

Foi unha xornada moi especial, unha experiencia moi positiva para medrar en solidariedade.xa que participaron os alumnos do noso Centro poñendo neste Mercado Solidario á venda diversos traballos realizados nas clases .

A recadación superou con creces as expectativas do profesorado do Centro, ascendendo a cantidade recadada a 733,75 € e 104€. do posto de "Comercio xusto". Esta cantidade permitirá colaborar co proxecto de solidariedade internacional que pretende dar outra saída educativa e económica a esta situación de pobreza .

Dende o Colexio queremos dar as grazas a todas aquelas persoas que colaboraron e facilitaron a realización do mercado, principalmente ao alumnado e ao profesorado do CPI A Cañiza, aos pais e nais, e a todas aquelas persoas que se achegaron ata este mercado a comprar e a colaborar coa súa achega.

Portada Nata y chocolate Portada  A paixon de Alexandra

            Se premes nas imaxes obterás máis información destas obras                   

DÍA DA PAZ · MERCADILLO SOLIDARIO

 

 

 

Este ano o luns 31 de xaneiro conmemoraremos o Día da Paz cun Mercadillo Solidario.
Os cartos que recademos, investirémolos na acción educativa que a ONG "Solidaridad Internacional", está a traballar en Nicaragua, na cidade de Managua, no barrio marxinal de Acahualinca, onde está "La Chureca", o vertedoiro municipal da cidade.
O obxectivo deste proxecto é ampliar a oferta educativa do centro de Formación Laboral "Rafael Reyes García" de Managua. Darase formación ás mulleres, adolescentes e menores que traballan no vertedoiro colleitando refugallos, e así ter capacitación laboral e técnica para xerar iniciativas económicas, proporcionarlles oportunidades de traballo en condicións dignas e mellorar a súa situación de explotación e pobreza .
Por isto, os nen@s están a elaborar obxectos (pulseiras, pisapapeis,etc) para vender ese día no patio do colexio. Esta venda non vai dirixida ao alumnado de primaria nen infantil, senon a TODO O MUNDO que se queira achegar e colaborar.
Tamén haberá un posto de produtos de "Comercio Xusto" (chocolate, café, etc) de Solidaridad Internacional

Solidaridad Internacional é outro con donacións dos profesores. O Mercadillo terá o seguinte horario:

Mañá: 12:20 - 13:30
Tarde: 15:00 - 16:20.
Cada curso atenderá os postos ás:
12:20 - 13:00 6º Primaria + 1º A
13:00 - 13:30 5º Primaria + 1º B
15:00 - 15:30 4º Primaria
15:30 - 16:00 3º Primaria
16:00 - 16:20 2º Primaria
Os de Infantil visitarán o mercado
12:30 - 12:45 Inf. 3 anos
12:45 - 13:00 Inf. 4 anos
13:00 - 13:15 Inf. 5 anos
ANIMÁDEVOS e VISITÁDENOS!!! Os nen@s están moi ilusionados!!! Ademais como clausura degustarase unha CHOCOLATADA.
GRAZAS POR ADIANTADO!!!

 

 

 Os alumnos de 2º da ESO visitaron o luns 22 de novembro a cidade de Ourense onde puideron disfrutar, entre outras cousas, de unha visita á Catedral e un "refrescante" chapuzón nas pozas termais de Outariz.

 

 

 

GUSTARÍACHE PARTICIPAR NA REVISTA ESCOLAR?

Estamos a elaborar o próximo número da revista do cole e gustaríanos que participase persoal (profes e alumnos) de todos os cursos. Se tedes algo interesante que achegar (debuxos, contos, traballos...etc) non dubidedes en facernos chegar o voso talento!.

Portada Tangaraño

Interesados contactar cos seguintes profes:

Nuria (Tecnoloxía)

Xabier (Galego)

Susana (Sociais)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut