Skip to Content

Dinamización lingüística

Magosto 24/25

O 10 de novembro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, colaborou na celebración do Magosto no CPI. Asamos castañas e pasamos a tarde gozando de diversos xogos tradicionais.

magosto00

Relatos de terror polo Samaín

Este curso, como vén sendo habitual, organizamos en colaboración co equipo da Biblioteca do centro, un concurso de relatos de terror. Estes debían xirar arredor da temática escollida polo CPI este curso 24/25: as artes. As gañadoras e gañadores recibiron varios agasallos.

samain-01

 

O TANGARAÑO 23-24

PRIMAVERA MUSICAL

ESTE ANO A NOSA PRIMAVERA MUSICAL ESTIVO AMENIZADA POR MIGALLAS E THE TETAS´VAN 

VIDEO-RESUMO LETRAS GALEGAS

FOTO RESUMO RECOMPENSA SALA DE ESCAPE

E PARA REMATAR AQUÍ VAI O RESUMO DA RECOMPENSA RECIBIDA POR RESOLVER O MISTERIO DE LUÍSA VILLALTA.

O MISTERIO DE LUÍSA VILLALTA (unha sala de escape no cole)

Dende o equipo de dinamización preparamos unha sala de escape para que o alumnado coñecera en profundidade a vida de Luísa Villata. Tiveron que ler información da autora para resolver enigmas que abrían candados ou pistas escondidas para ver con luz ultavioleta. Como recompensa, agasallouselles cun estoxo que tiñan que decorar cunha plantilla con forma de violín.

PRIMAVERA MUSICAL 2024

CON ESTE VÍDEO O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA  FESTEXA ESTE CURSO AS NOSAS LETRAS GALEGAS 2024.

O TEMA ELEXIDO FOI "A PRIMAVERA TEN QUE SER NOSA" DE O SONORO MAXÍN ONDE PARTICIPA TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA.

LUÍSA VILLALTA 2024

NESTE 2024 O ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA TRABALLOU NAS SESIÓNS DE MÚSICA PARA MUSICALIZAR UN POEMA DE LUÍSA VILLALTA. PARABÉNS POLO RESULTADO!

O MISTERIO DA IGUALDADE. 8M: DÍA DA MULLER

ESTE 8 DE MARZO, CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER CUNHA SERIE DE XOGOS DE PISTAS CHAMADO "O MISTERIO DA IGUALDADE".

O ALUMNADO, A TRAVÉS DE DISTINTAS MULLERES MÚSICAS GALEGAS TIÑAN QUE RESOLVER ENIGMAS QUE LLES ÍAN CONTANDO OS MOTIVOS DA CELEBRACIÓN: POR QUE O 8 DE MARZO, POR QUE A COR VIOLETA....

E ASÍ CHEGARON A UNHA MALETA QUE GARDABA UN TESOURO MOOOOI DOCE.

ADEMAIS, AS ACTIVIDADES CONTINÚAN NESTA SEMANA DECORANDO UN PANOS VIOLETAS E SACANDO UNHAS FOTOS MOI DIVERTIDAS QUE QUEDARÁN PARA O RECORDO.

PARA ISTO, DENDE MÚSICA E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, CONTAMOS COA AXUDA DO ALUMNADO DE 6º QUE FIXO A DECORACIÓN E CO RESTO DE ALUMNADO DE PRIMARIA QUE TRABALLOU NAS FICHAS DAS MULLERES DURANTE UN PAR DE SEMANAS.

QUE SORTE DE ALUMNADO TEMOS NESTE COLE!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut