Para ir rematando este curso tan atípico, o alumnado de 5º e 6º de Primaria debe realizar un traballo teórico sobre os XOGOS OLÍMPICOS. Sabedes que este ano 2020 era ano olímpico e íanse celebrar as olimipadas en Tokio( Xapón); debido á situación sanitaria que vivimos éstes quedaron aprazados ata 2021.
O traballo consistirá en buscar información( GOOGLE) sobre os seguintes puntos que deberán estar desenrolados no traballo:
1.- Xogos olímpicos antigos e modernos. Breve explicación.
2.- Deportes que se traballaron no colexio( hockey, baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol, bádminton) dende cando son olímpicos e breve historia olímpica de cada un deles.
3.- Principais deportistas mundiais e españois da historia moderna do olimpismo.
O traballo terá unha extensión máxima de 10 folios DIN-A4. Enviarase ao mestre a través da dirección de correo electrónico jose@cpidacaniza.com
O PRAZO DE ENTREGA E ATA O 5 DE XUÑO
Se algún alumn@ ten problemas para a realización do traballo pola falta de material tecnolóxico ( ordenador etc) que se poña en contacto comigo para tentar buscar unha solución.
A nova actividade que imos plantexar para os vindeiros 10 días consiste na realización dun xogo ou xoguete con material de reciclaxe( envases, papel, cartón etc). Podedes facer o que queirades, pero como mostras déixovos estas tres imaxes para que vexades que cun chisco de imaxinación podemos traballar contidos da Educación Física...
Para poder avaliar a actividade é preciso que enviedes unha FOTO do xogo ou xoguete a través do correo electrónico ou whattsapp.
Está é a tarefa que imos facer nos vindeiros 10 días. Si premedes na imaxe anterior, ides atopar un vídeo curtiño con oito exercicios de Core.
Para a realización da actividade os nen@s deben facer 6 dos 8 exercicios que aparecen no vídeo. Observade ben o vídeo; xa que para evitar lesións e importante que fagades os exercicios cunha execución perfecta( NON DE CALQUERA XEITO).
SE FACEDES O FAVOR GRABÁDELOS REALIZANDO OS EXERCICIOS E ENVÍADESME O VÍDEO DO MESMO XEITO QUE FIXESTEDES NA ACTIVIDADE DE EXPRESIÓN CORPORAL.
Ide mirando este apartado da páxina cada certo tempo e estar pendentes das notificacións vía Abalar, para saber das novas tarefas de Educación física.
O PRAZO DE ENTREGA DA TAREFA VAI DENDE O 6 DE MAIO ATA O 16 DE MAIO ( ámbolos dous inclusive).
Para calquera dúbida podedes contactar comigo a través da aplicación Abalar ou no meu número de teléfono.
Agora que xa podemos sair a pasear, facer exercicio... imos plantexar unha actividade que xa fixemos no colexio durante este curso( aparte que os nen@s que fan actividades deportivas extraescolares xa a coñecen).
Imos realizar CORE(en inglés núcleo). Esta actividade realízase para a prevención de lesións e tamén o fortalecemento da cintura pélvica( de onde saen os movementos das extremidades superiores e inferiores)-
A dinámica da actividade consiste na realización de diversos exercicios de control e tono muscular.
PREMA NA IMAXE
Para poder avaliar a actividade, hai que realizar 6 dos 8 exercicios e mandarme vídeo a través de e-mail ou whattsapp ao meu teléfono.
Por certo non esquecerse de mandar o vídeo de expresión corporal.
Debido a situación sanitaria que estamos vivindo estes días, recoméndase ao alumnado que tente seguir facendo algo de actividade física no seu domicilio. Para iso envíase unha serie de exercicios aeróbicos e anaeróbicos para facer de maneira sinxela en cada espazo do fogar:
-
Realización de exercicios de chan, tales como; series de sentadillas, abdominais, exercicios de core, planchas ( vistos nas clases ).
-
Exercicios aeróbicos, tales como; multisaltos, repetición xestual e traballo de cardio básico( dende sentarse e erguerse dunha silla ata facer percorridos de trote polo fogar)
-
Traballo de flexibilidade; estiramentos isométricos.. (Vistos na clase)
-
Realización de exercicios de hixiene postural.( Adoptar posturas correctas para estudar, ler, ver tv..)
-
O alumnado de 5º e 6º de Primaria que estude os contidos teóricos do tema Condición Física (Tema 2)