Skip to Content

Secretaría

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O martes, día 19 de novembro, terán lugar as votacións para o Consello Escolar na biblioteca de Primaria, en horario de 9:00 a 13:45 e de 15:00 a 16:00.

 

MARTES 15 DE OUTUBRO, PECHADO.

Recordámosvos que o vindeiro martes, 15 de outubro, o colexio permanecerá pechado pola festividade de Santa Teresa. 

RECOLLIDA LIBROS FONDO SOLIDARIO (E.S.O.)

LIBROS DE TEXTO 2024/2025

Nos arquivos adxuntos poderedes atopar o listado de libros de texto de Infantil e Primaria e de Secundaria para o curso 2024/2025.

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO

Dende o CPI da Cañiza informamos que todo o alumnado que solicitou praza para o curso 2024-2025 no centro foi admitido. Nestes días colgaremos os listados na conserxería para que poidades comprobalo. 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

Aberto o prazo de presentación das solicitudes de admisión  do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos)

 

Xunto coa solicitude debidamente cuberta e asinada deben xuntar copia do documento que acredite a idade do alumno/a (libro de familia ou DNI) e a documentación necesaria para acreditar os criterios de baremo alegados.

 

A solicitude pode facerse:

de xeito presencial  no centro.

* de xeito telemático a través da sede electrónica da Xunta

 

Aquí podedes atopar un MANUAL para as familias para facer a solicitude en liña e máis información ao respecto.


Tamén podedes descargar os impresos aquí para traelos xa cubertos ao centro.

IMPRESO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN

IMPRESO DE SOLICITUDE DE TRANSPORTE

 

Para comprobar as rutas e paradas do autobús, podedes acceder a este enlace:

PARADAS AUTOBÚS CPI DA CAÑIZA

 

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS.

Estimadas familias:

Ábrese o prazo dende o 15 de XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO DE 2024 (AMBOS INCLUÍDOS), para a reserva de praza do alumnado en centros adscritos.

Deberán presentar o formulario ED550A (Anexo I), no centro de orixe ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es//admisionalumnado).

 

Recollida de libros de texto para Secundaria.

                                          

Xa están dispoñibles os lotes de libros de texto de todo o alumnado de Educación Secundaria que solicitou o Fondo de Libros. 

Poderanse recoller o luns 4, martes 5, mércores 6 e xoves 7 de setembro en horario de 10:30 a 13:30 no edificio de Secundaria.

Terán que recollelos os titores legais de cada alumno/a ou ben un adulto autorizado

MATRÍCULA ALUMNADO NOVO INGRESO CURSO 2020-2021

 

 

 

PODERÁN ENVIAR A SOLICITUDE DE MATRÍCULA POR CORREO ELECTRÓNICO, DEBERÁ ESTAR DEBIDAMENTE CUBERTA E ASINADA E XUNTO COA SOLICITUDE ADXUNTARÁN TODA A DOCUMENTACIÓN ESCANEADA (ADXUNTOS).

 

O CORREO ELECTRÓNICO É O SEGUINTE: cpi.dacaniza@edu.xunta.es

 

PRAZO PARA A MATRICULA DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO CURSO 2020-2021:  DO 1 Ó 10 DE  XULLO DE 2020

 

PRESENCIAL: NA SECRETARÍA DO EDIFICIO DE SECUNDARIA DE 10 A 14 HORAS

 

 ¡¡¡IMPORTANTE!! O alumnado de novo ingreso, que no vindeiro ano académico curse 4º de infantil e que aporte toda a documentación, no proceso de admisión, xa non precisan  facer a matrícula en xullo.

 O resto do alumnado de novo ingreso ademáis do proceso de admisión, deberá facer a matrícula así como aportar a documentación do 1 ao 10 de xullo (ambos inclusive).

A todo o alumnado que xa está cursando estudios no CPI DA CAÑIZA (infantil-primaria-eso), xa os matriculamos nós por defecto, polo tanto non precisan vir para o proceso de matrícula.

 

 

SOLICITUDE PRESTACIÓN SEGURO ESCOLAR

SI PRECISA MÁIS INFORMACIÓN PODE POÑERSE EN CONTACTO CÓ INSTITUTO NACIONAL DA SEGURIDADE SOCIAL (INSS), CHAMANDO Ó TELÉFONO GRATUITO:900166565 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO: WWW.SEG-SOCIAL.ES

Distribuir contido


by Dr. Radut