Skip to Content

GRANDE ÉXITO DO MERCADO SOLIDARIO, CELEBRADO O 31 DE XANEIRO NO CPI DA CAÑIZA

O CPI da Cañiza organizou un mercado pola solidariedade cos nenos e mulleres que traballan no vertedoiro municipal de Managua, "La Chureca" (no barrio de Acahualinca), co motivo de mellorar os dereitos humanos e condicións de vida das mulleres, e dos nenos e nenas desa zona.

Foi unha xornada moi especial, unha experiencia moi positiva para medrar en solidariedade.xa que participaron os alumnos do noso Centro poñendo neste Mercado Solidario á venda diversos traballos realizados nas clases .

A recadación superou con creces as expectativas do profesorado do Centro, ascendendo a cantidade recadada a 733,75 € e 104€. do posto de "Comercio xusto". Esta cantidade permitirá colaborar co proxecto de solidariedade internacional que pretende dar outra saída educativa e económica a esta situación de pobreza .

Dende o Colexio queremos dar as grazas a todas aquelas persoas que colaboraron e facilitaron a realización do mercado, principalmente ao alumnado e ao profesorado do CPI A Cañiza, aos pais e nais, e a todas aquelas persoas que se achegaron ata este mercado a comprar e a colaborar coa súa achega.



page | by Dr. Radut