Skip to Content

Taboleiro

Estimados país/nais ou titores/as:

 No pasado mes de Agosto (DOG 13 de Agosto) foi aprobado o novo Decreto que regula os comedores escolares, sostidos con fondos públicos,na Comunidade Autónoma de Galicia que contén as seguintes novidades:

Características dos prezos públicos do comedor escolar

A) Usuario gratuito por:

-Situación socioeconómica de exclusión social

-Pertencer a unidade familiar vítima de violencia de xénero ou terrorismo

-Unidade familiar cunha renda per cápita inferior a 7000€

-Alumnado en situación de acollemento residencial ou familiar

-Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%

 B) Usuario obrigado ao pagamento de 1€ por día de uso do servizo de comedor motivado por:

-Unidade familiar cun só fillo en ensinanza básica obrigatoria e/ou 2º ciclo de educación infantil e renta anual neta per cápita de 7000,01€ a 8000€

- Unidade familiar con dous fillos en ensinanza básica obrigatoria e/ou 2º ciclo de educación infantil e renta anual neta per cápita de 7000,01€ a 8000€

- Unidade familiar con 3 ou de mais fillos en ensinanza básica obrigatoria e/ou 2º ciclo de educación infantil e renta anual neta per cápita igual ou superior a 7000,01€

 C) Usuario obrigado ao pagamento de 2,50€ por día de uso do servizo de comedor motivado por:

- Unidade familiar cun só fillo en ensinanza básica obrigatoria e/ou 2º ciclo de educación infantil e renta anual neta per cápita de 8000,01€ a 9000€

- Unidade familiar con dous fillos en ensinanza básica obrigatoria e/ou 2º ciclo de educación infantil e renta anual neta per cápita de 8000,01€ a 9000€

 D) Usuario obrigado ao pagamento de 4,50€ por día de uso do servizo de comedor motivado por:

- Unidade familiar cun s ófillo en ensinanza básica obrigatoria e/ou 2º ciclo de educación infantil e renta anual neta per cápita igual ou superior a 9000,01€

- Unidade familiar cun dou sfillos en ensinanza básica obrigatoria e/ou 2º ciclo de educación infantil e renta anual neta per cápita igual ou superior a 9000,01€

 Deberase achegar: -Documentación acreditativa da situación de usuario/a gratuíto/a.

Descarga de documentos:

- Modelo de autodeclaración e especificacións

- Formulario


Este ano abandonan o centro de primaria os nenos e nenas de 6º, e máis rapaces, Anxo Lorenzo, Pablo Álvarez e Jeremy, esperemos que todo vaia ben nos vosos novos colexios. ESPERAMOS VOLVER A VERVOS PRONTO!!

 


Para poder ver a revista, premede nesta ligazón e, a continuación, no botón "VISTA PREVIA".

Os alumn@s de 6º practican con cars e algún invitado tamén...

Se premes nesta ligazón poderás coñecer os curiosos resultados das enquisas sobre material e usos das TIC realizadas polo alumnado da ESO do centro.

O mércores día 6 de Marzo os nen@s de 5º visitamos o Pazo de Castrelos en Vigo, o estadio de Balaidos e fomos comer a Samil. Aquí vos deixo unhas fotos.

O xoves 28 de febreiro os nenos e nenas de 6º de Primaria viaxaron ata o CPR A Inmaculada para gozar dunha xornada de Deporte Escolar.

Durante os meses de Xaneiro e Febreiro imos desenrolar un novo campionato de badminton no pavillon de Primaria.  Xa vos informaremos do desenrolo da fase previa e dos clasificados para a fase final, que se desenrola nos recreos.         O mestre

Distribuir contido


by Dr. Radut