Skip to Content

NOVAS SOBRE O CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015

O CURSO ESCOLAR COMEZA O 10 DE SETEMBRO DE 2014 PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA, E O 15 DE SETEMBRO DE 2014 PARA A ESO.


 


AS CLASES REMATARÁN O 19 DE XUÑO DE 2015.

NOVO HORARIO DE SECRETARÍA PARA RECOLLIDA DE DOCUMENTOS

A partir do xoves 3 de xullo, o horario para entregar documentación será de luns a venres de 10.30 a 12.30.

PRAZO PARA ENTREGA DE SOLICITUDES DE AXUDA DOS LIBROS DE TEXTO 2014-2015

O prazo para entregar as solicitudes de axuda de libros de primaria remata o 2 de xullo.


O prazo para entregar as solicitudes de axuda de libros de secundaria remata o 28 de xullo. RECOMÉNDASE que se entreguen antes do 15 de xullo para emitir os vales e que poidan ser recollidos antes do comezo das vacacións.

Calendario escolar 2014/2015

DOG co calendario escolar para o próximo curso 2014-2015.

http://www.edu.xunta.es/web/calendarioescolar

LISTAXE LIBROS DE TEXTO 2014-2015

IMPRESOS PARA A MATRÍCULA 2014-2015

Nota: As enquisas só hai que cubrilas para o alumnado que comeza 4º de Educación Infantil.

Gratuidade solidaria: Curso 2014/2015

Axudas para a adquisición de libros de texto destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria e ESO, en centros sostidos con fondos públicos.

Procedemento reclamacións cualificacións finais ESO

Tras as aclaracións oportunas co/a profesor/a, se procede, o pai/nai/titor legal poderá solicitar por escrito a revisión de cualificacións os días 23 e 24 de xuño. A solicitude de revisión será tramitada pola Xefa de Estudos.

O día 25 de xuño a Xefa de Estudos comunicará ao pai/nai/titor legal a decisión adoptada polo/s Departamento/s.

No caso de persistir o desacordo, o pai/nai/titor legal poderá solicitar por escrito ao Director, no prazo de dous días a partir da última comunicación do Centro, que eleve a reclamación á Xefatura Territorial.

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores voluntarios no comedor escolar

As nais, os pais, os/as titores legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro, que desexen, ao longo do curso 2014-15, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio no comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá abierto ata o día 28/09/2014, podéndose reabrir o novo prazo, de ser o caso, ata o 21/12/2014.

Distribuir contido


by Dr. Radut