Skip to Content

Aviso. Datas dos exames das materias pendentes de Secundaria

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE ESO. CONVOCATORIA ANO ACADÉMICO 2014 - 2015

DATAS DAS PROBAS:

 

  • Lingua galega 4º ESO: 1- 06- 2015 de 10:45 a 11:45

 

  • Lingua castelá 4º ESO: 1- 06- 2015 de 13:00 a 14:30

 

  • Inglés 4º ESO: 2- 06- 2015 de 11:00 a 12:00

 

  • Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO: 2- 06 -2015 de 12:30 a 13:45

 

  • Ámbito científico-técnico 3º ESO: 2- 06-2015 de 11:00 a 12:00

 

  • Ámbito científico-técnico 4º ESO: 2- 06-2015 de 12:30 a 13:45

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN.

O pasado mércores 11 de Marzo, 39 alumnos do CPI da Cañiza participaron no Campionato Provincial Escolar de Orientación. Desprazámonos ao Parque Deportivo Mercantil da cidade de Pontevedra, e competían 300 alumnos de 8 colexios da provincia.

 

A orientación é un deporte relativamente novo, que consiste en facer unha carreira cun mapa e un compás, no que hai marcados uns puntos de control que os competidores teñen que atopar e marcar nunha tarxeta que levan, na orde en que te indique o mapa. Na realidade, o punto de control é unha baliza branca e laranxa de aproximadamente 30 cm, cun código e unha pinza que deixa unha marca característica.

 

Os rapaces pasárono xenial: correndo e pensando, calculando rutas e perdéndose polo monte! Todos tiñan algunha anécdota que contar. E os resultados foron realmente bos para o noso centro, destacando tres podios nas categorías infantís:

 

JENNIFER DOMÍNGUEZ ROCHA , primeira na categoría infantil feminino.

GRACIELA GONZÁLEZ GREGORIO, segunda na categoría infantil feminino.

JACOBO ESTÉVEZ RODRÍGUEZ, terceiro na categoría infantil masculino.

 

Outros resultados tamén moi meritorios foron:

Das doce primeiras clasificadas na categoría infantil feminino, oito foron do noso cole: Sheila González, Érica Gómez, Uxía Fernández, Sofía Álvarez, Sara González e Sofía Faílde.

 

En infantil masculino: Xosé Fernández quedou quinto, Ález Álvarez sétimo e Carlos Gesteira oitavo.

 

E en cadete masculino Eloy González acadou un fantástico quinto posto e Adrián Philipp quedou sétimo.

Preme na seguinte ligazón para ver o vídeo

PARABÉNS A TODOS!

 

 

Plan de consumo de froita na escola

Como xa adiantamos hai algún tempo, comezaron as actividades do“Plan de consumo de froita na escola”, en convenio co FOGGA (Fondo galego de garantía agraria), para promover a creación de hábitos de alimentación saudables.

Nesta iniciativa, vaise repartir entre o alumnado de infatil e primaria unha peza de froita fresca de tempada.

Deixamos unhas imaxes da última xornada.

As próximas terán lugar nas semanas do 13 ao 17 de abril e do 4 ao 8 de maio.

  A DIRECCIÓN

 

INICIO PROGRAMA PROA

 

O luns, día 9 de febreiro, comezará o programa PROA (programa de reforzo, orientación e apoio) no CPI da Cañiza para 30 alumnos da ESO.
Este programa será impartido por un profesor do centro, en horario extraescolar, de luns a xoves, en dous grupos de 15 alumnos cada un, dous días á semana cada grupo.
O programa finalizará a segunda quincena do mes de xuño.
O obxectivo final que se persegue nesta actuación é acadar e mellorar as competencias educativas destes alumnos.
A dirección

Comunícaselle a todos os pais/nais que o CPI da Cañiza, intentando promover a creación de hábitos de alimentación saudables, participa este curso nun “Plan de consumo de froita na escola”, en convenio co FOGGA ( Fondo galego de garantía agraria).


Esta axuda concédese para mercar froita para os nenos/as de infantil e primaria durante catro semanas: do 2 ao 6 de febreiro, do 2 ao 6 de marzo, do 13 ao 17 de abril e do 4 ao 8 de maio.


Así pois, a próxima  semana, na hora do recreo, repartirase a todo o alumnado de infantil e primaria unha peza de froita fresca de tempada.  


A DIRECCIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut