Skip to Content

 

Velaquí a acta cos resultados da votación celebrada o día 5 de febreiro. O CPI da Cañiza quere agradecer a alta participación das nais e pais do centro (84%) neste proceso.

Acta votación xornada única

ESCOLA DE PAIS

REUNIÓN INFORMATIVA

Informamos sobre a vindeira reunión para falar sobre a XORNADA ÚNICA que se realizará o próximo xoves 28, ás 19:00 h.  no auditorio da Casa da Cultura da Cañiza.

Agradecemos a súa asistencia.

Votación Xornada Única - 5 febreiro

Xúntase a licitación do servizo de cafetería do CPI da Cañiza. Para descargar o documento, prema AQUÍ.

AVISO: cambios no menú escolar do mes de xaneiro

Para acceder á Circular sobre as normas de acceso ó Colexio de Primaria, descargue o PDF aquí

Estimados pais/nais, de acordo coa Orde do 29 de maio de 2008 (DOG do 6 de xuño) polo que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá, iniciase o proceso de solicitude para que, se así o desexa a maioría da comunidade educativa, se poida implantar no vindeiro curso 2016-2017.

    Segundo establece a normativa vixente, o procedemento a seguir será:

1. Acordo do Consello Escolar, por maioría dos tres quintos dos seus membros.
2. Acordo do Claustro de Profesores/as, por maioría dos tres quintos dos seus membros.
3. Acordo favorable do 58% do total do censo das nais, pais ou titores legais do alumnado.
4. Plan específico de actividades extraescolares.
5. Solicitude ao Delegado de Educación.

Para ler ou descargar a circular completa en formato PDF, premede na seguinte ligazón

AVISO: Segunda convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar. Curso 2015/2016

Mediante a presente orde, apróbase unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día 11/11/2015. 

REUNIÓN INFORMATIVA COS PAIS DO ALUMNADO DO CPI DA CAÑIZA

 

O novo equipo directivo do CPI da Cañiza convoca a todas as nais e pais do alumnado do centro á presentación do curso escolar 2015/2016 na Casa da Cultura do Concello da Cañiza, o próximo martes 22 de setembro, ás 20 h.

Nesa reunión de tipo informativo o equipo directivo presentarase e desenvolverá todas as cuestións do funcionamento do centro que interesan á comunidade educativa.

 

Fondo Solidario de Libros. Listaxe definitiva de admitidos para 2º e 4º da ESO

Preme aquí

 

Prégase aos pais que non compren ningún libro de texto sen consultar antes aos titores, para evitar dobres compras. 

Aviso: Fondo Solidario de Libros

Segundo a Orde do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria, a relación definitiva de solicitudes admitidas e a de excluídas para alumnado da ESO, publicaranse no taboleiro e na páxina web do centro o día 15 de setembro de 2015.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut