O alumnado de 4º de primaria estivo participando nun planProxecta de Aprendo Programando, onde o mesmo tempo que aprendían a programar coñeceron e investigaron sobre os refuxiados:
Coñecer que é un refuxiado e porque marchan do seu país.
Diferenciar entre refuxiado e migrante.
Identificar os medos das persoas refuxiadas.
Identificar os prexuicios sobre as persoas refuxiadas.
Fomentar e mostrar empatía polos nenos/as refuxiados.
Investigar sobre a situación dos refuxiados.
Entender a situación das familias refuxiadas no noso pobo, colexio e buscar estratexias para axudalas.
E todo isto dende unha visión centrada nas emocións. Para iso fixeron distintas actividades tanto de sensibilización sobre o tema de refuxiados como de aprender a programar.
Contos, videos, curtametraxes, debates, cómics, debates,... todo axudou a coñecer a situación das persoas refuxiadas, as súas emocións, medos, etc.
Nun segundo momento e co aprendido elaboraron unha pequenas historias, xogos para plasmar o aprendidido. Para iso, empregaron a programación por bloques de Scratch.
Aquí tenéis el resultado de alguno de nuestros trabajos.