Skip to Content

FORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Recordámosvos que o vindeiro luns, día 18 de marzo, ás 16:30 horas, teredes a formación de "Establecemento de normas e límites" no CPI da Cañiza. Esperámosvos!

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

Aberto o prazo de presentación das solicitudes de admisión  do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos)

 

Xunto coa solicitude debidamente cuberta e asinada deben xuntar copia do documento que acredite a idade do alumno/a (libro de familia ou DNI) e a documentación necesaria para acreditar os criterios de baremo alegados.

 

A solicitude pode facerse:

de xeito presencial  no centro.

* de xeito telemático a través da sede electrónica da Xunta

 

Aquí podedes atopar un MANUAL para as familias para facer a solicitude en liña e máis información ao respecto.


Tamén podedes descargar os impresos aquí para traelos xa cubertos ao centro.

IMPRESO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN

IMPRESO DE SOLICITUDE DE TRANSPORTE

 

Para comprobar as rutas e paradas do autobús, podedes acceder a este enlace:

PARADAS AUTOBÚS CPI DA CAÑIZA

 

FORMACIÓN USO DAS TICS PARA AS FAMILIAS

 

Recordámosvos que o vindeiro luns, día 4 de marzo, ás 16:30 horas, teredes a formación de "uso e risco das TIC" no CPI da Cañiza. Esperámosvos!

 

 

Mostras do menú de febreiro

Aquí podedes ver as mostras dos nosos menús de febreiro. 

 

 

 

 

 

 

MENÚ COMEDOR MARZO 2024

Deixámosvos por aquí o menú de marzo de 2024 do noso comedor. Seguindo coa "volta ao mundo", este mes viaxaremos a Xapón para coñecer a súa gastronomía.

 

SEMANA DA PAZ EN SECUNDARIA, 2024

Entra na imaxe para ver a nosa semana pola paz.

Menú Comedor Febreiro 2024

Deixámosvos por aquí o menú de febreiro do comedor. Este mes de Entroido non podiamos viaxar a outro lugar que non fose Brasil. Esperamos que vos guste! Para descargalo, entrade no adxunto de abaixo.

 

Mostras dos menús de XANEIRO

Aquí tedes unha mostra dos menús que se serviron no comedor do cole durante o mes de xaneiro. Que boa pinta!

 

 

CARREIRA SOLIDARIA 2024

Estimadas familias.

A celebración da Carreira Solidaria do vindeiro martes 30 de xaneiro terá os seguintes horarios.

9:30 - 6º de Primaria

9:45 - 5º de Primaria

10:00 - 4º de Primaria

10:15 - 3º de Primaria

10: 50 - 2º de Primaria

11:05 - 1º de Primaria

11:20 - 5 anos

11:35 - 4 anos

11:50 - 3 anos

12:00 - Carreira de mestras/es

12:15 - Carreira de familias.

13:00 - Carreira do alumnado de Secundaria.

 

 A carreira celebrarase no patio do centro se as condicións meteorolóxicas o permiten. De non ser así, realizarase no pavillón.

 

Recordade que de 10:35 a 10:50 e de 12:35 a 12:50 son os recreos en Educación Infantil e Primaria, polo tanto non se permitirá a presenza de familias no patio neses períodos de tempo.

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS.

Estimadas familias:

Ábrese o prazo dende o 15 de XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO DE 2024 (AMBOS INCLUÍDOS), para a reserva de praza do alumnado en centros adscritos.

Deberán presentar o formulario ED550A (Anexo I), no centro de orixe ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es//admisionalumnado).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut