Skip to Content

PLAN PROXECTA: AS EMOCIÓNS DOS REFUXIADOS

O alumnado de 4º de primaria estivo participando nun planProxecta de Aprendo Programando, onde o mesmo tempo que  aprendían a programar coñeceron e investigaron sobre os refuxiados:

Coñecer que é un refuxiado  e porque marchan do  seu país.

Diferenciar entre refuxiado e migrante.

Identificar os medos das persoas refuxiadas.

Identificar os prexuicios sobre as persoas refuxiadas.

Fomentar e mostrar empatía polos nenos/as refuxiados.

Investigar sobre a situación dos refuxiados.

Entender a situación das familias refuxiadas no noso pobo, colexio e buscar estratexias para axudalas.

E todo isto dende unha visión centrada nas emocións. Para iso fixeron distintas actividades  tanto de sensibilización sobre o tema de refuxiados como de  aprender a programar.

Contos, videos, curtametraxes, debates, cómics, debates,... todo axudou a coñecer a situación das persoas refuxiadas, as súas emocións, medos, etc.

Nun segundo momento e co aprendido elaboraron unha pequenas historias, xogos para plasmar o aprendidido. Para iso, empregaron a programación por bloques de Scratch.

Aquí tenéis el resultado de  alguno de nuestros trabajos.

 

 



portada | by Dr. Radut