[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Listaxe definitia do Fondo Solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2024/25. Páxina bggon 17/07/2024 - 10:25
LIBROS DE TEXTO _CURSO 2024_25 Páxina pipaca 12/07/2024 - 13:14
Listaxe provisional das axudas do Fondo solidario de libros de texto e vales para material. Curso 2024/25. Páxina bggon 12/07/2024 - 07:49
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14

Grupos

A circulación

Desta volta, o alumnado estuda a circulación maior e menor coa axuda dun corazón xigante. O alumnado verbalizaba ao que ía pasando ao mesmo tempo que percorría as distintas aurículas e ventrículos.

 



Intestino delgado

Aproveitando o traballo coas unidades de masa, volume e capacidade  o alumnado calculou aproximadamente canto medía o seu intestino delgado.

Como o fixeron? Pois averiguaron que se multiplicaban a súa altura por 4,5 obtiñan  a lonxitude aproximada do seu intestino delgado. Finalmente, no patio coa axuda de regras e cintas métricas cada un debuxou cun xiz a lonxitude do seu intestino.



Aparato respiratorio

Aproveitamos o estudo do aparato respiratorio e facemos unha maqueta que nos mostra o seu funcionamento.



Sistema solar

Nesta ocasión para aprender dun xeito máis manipulativo o alumnado fixo un lapbook sobre o universo e unha maqueta do sistema solar.

Capas da atmosfera

Debuxamos nun globo as capas da atmosfera e as distintas cousas que podemos atopar en cada capa.



Maquetas de células

Velaquí distintas modos de representas as células vexetais e animais. Os nen@s foron moi creativos e empregaron distintos materiais.

 

Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno.

Osmos: palabras.

O grupo de expertos iniciáronse nun novo xogo, Words, consiste en ir adiviñando as palabras a través de diferentes imáxenes.

Distribuir contido