Intestino delgado
Enviado por mariasila.vazquez o Sáb, 19/05/2018 - 17:08
Aproveitando o traballo coas unidades de masa, volume e capacidade o alumnado calculou aproximadamente canto medía o seu intestino delgado.
Como o fixeron? Pois averiguaron que se multiplicaban a súa altura por 4,5 obtiñan a lonxitude aproximada do seu intestino delgado. Finalmente, no patio coa axuda de regras e cintas métricas cada un debuxou cun xiz a lonxitude do seu intestino.