Grupos |
Hi, dears! I miss you a lot! We are studying the wild animals. Do you want to sing a wild animal song?
|
|||
Os alumnos de 2 A de primaria ao longo do curso 2020/2021 desenvolveron o seu proxecto sobre a máquina do tempo,onde abarcaron as materias de maneira globalizada e gamificada. Aqui nos deixan o seu resultado:
|
|||
A MÁQUINA DO TEMPO XOGOS SOBRE O TEMPO Non hai mellor forma que aprender xogando! Os nenos e nenas de 1º e 2º sábeno moi ben e por iso traballaron o tempo cos seguintes xogos. |
|||
Os alumnos de 3º de primaria quixemos investigar como se alimenta unha planta. Para elo collemos dúas flores brancas e metémolas en auga con colorante e observamos o que foi pasando ao longo da semana. Deixamos aquí os resultados!
|
|||
Os alumnos de 3ºB estiveron experimentando as propiedades de distintos materiais. Un dos experimentos que fixemos foi o de preparar nun plato leite e colorante e averiguar que pasaba si lle poñíamos xabón quitagrasas... Os resultados non deixaron a ninguén indiferente!! Pasámolo xenial!!
|
|||
Con esta actividade o alumnado traballou a competencia en comunicación lingüística mediante a temática "My Job". Relizaron maquetas sobre os lugares de traballo vistos na unidade e construíron frases sobre a súa labor empregando as estructuras gramaticales traballadas. Fomentouse a interdisciplinariedade coa área de Plástica mediante a creación artistística das súas construccións.
|
|||
Para entender o ciclo da auga, fixemos por grupos, unha representación nunha bolsa transparente. Debuxamos os elementos naturais que interveñen no proceso, dende a evaporación ata a condensación. Logo enchemos as bolsas de auga e colocámolas nas fiestras da clase. Agora, todos os días podemos comprobar como o ciclo se repite unha e outra vez, como se forman as pingas de auga logo de evaporarse, e como outra vez esta volve á súa orixe. |
|||
O alumnado en pequeno grupo, organizouse e elaboraron un vídeo educativo para os seus compañeiros. Tiveron que buscar, resumir, estruturar, organizar... información para poder conseguir un resultado que agradase a todos. |
|||