O CICLO DA AUGA
Para entender o ciclo da auga, fixemos por grupos, unha representación nunha bolsa transparente. Debuxamos os elementos naturais que interveñen no proceso, dende a evaporación ata a condensación. Logo enchemos as bolsas de auga e colocámolas nas fiestras da clase. Agora, todos os días podemos comprobar como o ciclo se repite unha e outra vez, como se forman as pingas de auga logo de evaporarse, e como outra vez esta volve á súa orixe.