A máquina do tempo.
A MÁQUINA DO TEMPO
XOGOS SOBRE O TEMPO
Non hai mellor forma que aprender xogando!
Os nenos e nenas de 1º e 2º sábeno moi ben e por iso traballaron o tempo cos seguintes xogos.
1. Averiguar cal é o mes traveso que non está en ningún grupo.
Clasificar en parellas os meses en dous grupos segundo tivesen 30 e 31 días para averiguar cal era o mes traveso.
2. Adiviñanzas sobre as estacións.
Nun grupo de catro persoas formábanse dúas parellas. Cada alumno/a tiña un grupo de adiviñas. Un membro da parella leíalle a adiviña ao outro e este tiña que resolvela.
O obxectivo era acertar o máximo de adiviñas posible. A parella que acertase máis
gañaba.
3. Pictionary sobre os meses do ano
Formamos grupos de catro con dúas parellas. Cada un tiña unha serie de tarxetiñas co nome dos meses do ano. Un membro da parella lía o nome do mes e debía facer debuxos para que o outro neno da parella adiviñase o mes. Por exemplo: tocou o mes de decembro e debuxaron neve ou un Papa Noel. Para facer o xogo tiñan como axuda un calendario onde se amosaban as principais festividades e datas sinaladas.
4.Globos para os días da semana
Para estudar os días da semana fixemos varios xogos:
• Domingo. Os nenos e nenas ían pasado o globo dicindo os días da semana. Ao neno que lle tocase domingo plantexabámoslle un reto que pensabamos entre todos.
• Formamos catro grupos de cinco e cada grupo tiña sete globos, debían reordenalos por orde.
• Na clase había varios globos co nome dos días da semana. A profesora dicía en alto: o primeiro día da semana, o segundo, os días do fin de semana… E os primeiros que atopasen o globo correspondente gañaban.
5. Resolve o enigma.
Ao inicio de cada bloque de contido dentro do proxecto propoñíaselle un enigma ao laumnado que tiña que revolver ao final de dito bloque. A finalidade era mellorar a resolución de problemas en diferentes situacións da vida cotiá.
6. Decoración da aula
• Decoración da porta da aula para introducirnos no proxecto da máquina do tempo.
• Decoración do reloxo da aula para ver a equivalencia en reloxos analóxicos e dixitais.
• Realización de diferentes manualidades para fomentar a creatividade nas artes plásticas e así traballar os diferentes bloques do proxecto “O paso do tempo”.
• Elaboración individual da máquina do tempo que cada neno espera ao rematar o proxecto.
• Decoramos o corcho con fotos para comparar obxectos do pasado e do presente, é dicir, diferenzas entre antigo e moderno.
7. Actividades de matemáticas.
• Plantexáronse actividades para traballar as habilidades de pensamento matemático a través das matemáticas manipulativas.
• Fixéronse actividades sistema Osmo Genius Kit, accesorio educativo para IPad que potencia a creatividade e as habilidades plásticas, a ciencia, as matemáticas e o vocabulario.
8. Actividades de ciencias sociais
• Exercicio para comparar os xogos aos que xogaban os seus pais e os seus avós cos que xogan eles.
• Murais sobre o paso do tempo.
9. Actividades de lingua.
• Realizáronse actividades impresas.
• Elaborar unha liña do tempo da súa vida.
• Facer unha árbore xenealóxica da súa familia para poder observar o paso do tempo e como este inflúe na historia de cada persoa.
• Elaboración dunha obra de teatro.
Na aula entre todos fomos creando persoaxes con diálogos e diferentes escenas e planos para a súa representación (dita obra non se puido realizar porque se declarou o estado de alarma sanitario).
Dende a casa traballouse no aspecto falado da representación teatral a través das videoconferncias.
10. Actividades interactivas
• Realizaronse diferntes xogos online na aula ata o 13 de marzo e nas súas casa dende esa data en adiante.
• Visionáronse diferentes vídeos para abordar os diferentes bloques do proxecto. A continuación expóñense os vídeos e xogos elaborados que se empregaron.
A MÁQUINA DO TEMPO
BLOQUE DO CALENDARIO
VIDEOS
Os días da semana |
Los días de la semana |
Os meses do ano https://www.gciencia.com/videonautas /estrean-a-cancion-os-meses-do-ano- para-educacion-infantil/ |
Los meses delaño |
Estaciones del año
|
BLOQUE DO
CALENDARIO
XOGOS
Meses del año
|
Meses del año
|
Días de la semana
|
Días da semana
|
Estacións do ano |
Estaciones del año |
BLOQUE DOS FENÓMENOS
METEREOLÓXICOS
VIDEOS
Fenómenos naturales
|
Fenómenos atmosféricos y el mapa del tiempo |
Instrumentos atmosféricos
|
Desastres naturales
|
BLOQUE DOS FENÓMENOS METEREOLÓXICOS
XOGOS
Fenómeno metereolóxico |
Que fenómenos atmosféricos contribuen |
Desastres naturales |
Aparellos para medir |
https://wordwall.net/es/resource/2820596/fen%c3%b3menos-atmosf%c3%a9ricos |
fenómenos atmosféricos
https://wordwall.net/resource/2777759
|
BLOQUE DE HISTORIA
VIDEOS
Antes, ahora y después
|
Los verbos
|
El paso del tiempo
|
|
Antiguo/ moderno |
BLOQUE DE HISTORIA
XOGOS
Os tempos verbais
https://wordwall.net/play/2771/162/258 |
Los verbos
|
Linea do tempo |
Presente/pasado/futuro
|
A historia
https://wordwall.net/es/resource/2776199/historia
|
BLOQUE DE HORAS
VIDEOS
LAS HORAS EN PUNTO Y MEDIA
|
LAS HORAS Y CUARTO Y MENOS CUARTO
|
EL RELOJ COMPLETO ANALÓGICO Y DIGITAL
|
BLOQUE DE HORAS
XOGOS
EN PUNTO E MEDIA |
EN PUNTO, E MEDIA, E |
RELOXO ANALÓXICO |
CUARTO |
|
RELOXO ANALÓXICO |
|
|
|
|
EN PUNTO, E MEDIA E CUARTO |
EN PUNTO, E MEDIA |
EN PUNTO, E MEDIA E CUARTOS DIXITAL E ANALÓXICO
|
RELOXO COMPLETO DIXITAL E ANALÓXICO |
REPASO DO PASO DO TEMP0
https://view.genial.ly/5ed0012c6a01c811e66ea734/game-breakout- la-maquina-del-tiempo