Con este xogo de aprendomusica.com seguimos practicando ritmos en tres niveis distintos. Comezade polo Nivel 1 para ir aumentando a dificultade gradualmente. A ver quen consegue resolver os tres niveis!!! Ánimo!!!
Este xogo de aprendomusica.com consiste na práctica de ritmos con negra e silencios de negra en dous niveis distintos. Comezade polo Nivel 1 para ir aumentando a dificultade gradualmente. Podedes escoitar varias veces os ritmos antes de contestar. A ver quen consegue resolver os dous niveis!!!
Con este xogo de aprendomusica.com poderes practicar a colocación das Notas Musicais no pentagrama. A ver quen consegue máis puntuación!!!
Este xogo de aprendomusica.com é unha iniciación á identificación da escala de notas musicais. Debedes de comezar polo nivel máis inferior e ir incrementando a dificultade a medida que vos atopedes seguros! Ánimo a eses futuros músicos!!!
Bo día a todos e todas! Aquí vos deixo un enlace á páxina aprendomusica.com para practicar a escritura da Clave de Sol. Recordade que se comeza a debuxar pola segunda liña do pentagrama e non podemos levantar o lapis ata o final! Así que mans á obra!!!
BENVIDA AO NOVO BLOG DE MÚSICA | hai 9 anos 44 semanas |
Apuntamentos "AS FIGURAS MUSICAIS" | hai 9 anos 39 semanas |
Partitura OS PICAPEDRA | hai 9 anos 39 semanas |
Partitura BSO TITANIC | hai 9 anos 39 semanas |
Novas APP de Ópera para o público infantil e xuvenil | hai 9 anos 26 semanas |