Con este xogo de aprendomusica.com seguimos practicando ritmos en tres niveis distintos. Comezade polo Nivel 1 para ir aumentando a dificultade gradualmente. A ver quen consegue resolver os tres niveis!!! Ánimo!!!
Este xogo de aprendomusica.com consiste na práctica de ritmos con negra e silencios de negra en dous niveis distintos. Comezade polo Nivel 1 para ir aumentando a dificultade gradualmente. Podedes escoitar varias veces os ritmos antes de contestar. A ver quen consegue resolver os dous niveis!!!
Con este xogo de aprendomusica.com poderes practicar a colocación das Notas Musicais no pentagrama. A ver quen consegue máis puntuación!!!
Este xogo de aprendomusica.com é unha iniciación á identificación da escala de notas musicais. Debedes de comezar polo nivel máis inferior e ir incrementando a dificultade a medida que vos atopedes seguros! Ánimo a eses futuros músicos!!!
Bo día a todos e todas! Aquí vos deixo un enlace á páxina aprendomusica.com para practicar a escritura da Clave de Sol. Recordade que se comeza a debuxar pola segunda liña do pentagrama e non podemos levantar o lapis ata o final! Así que mans á obra!!!
CONTINUAMOS COS COMPASES... | hai 9 anos 23 semanas |
E se fas feliz a alguén regalando MUSICA? | hai 9 anos 23 semanas |
Imos xogar un pouco con ritmos... | hai 4 anos 25 semanas |
Partitura LOS SIMPSONS | hai 9 anos 21 semanas |
#RESISTIRÉ! #EuQuedoNaCasa | hai 4 anos 26 semanas |