papiroflexia
Obradoiros de papiroflexia: os alumnos como profesores
Os alumnos e alumnas de 1º ESO B, 2º ESO A e 2º ESO B levaron a cabo un obradoiro de papiroflexia cos alumnos de 5º e 6º de primaria. Depois de aprender a construir as figuras, os rapaces e rapazas de 1º ESO B ensinaron aos de 5º como facer un coello de papel, mentres que os de 2º ESO axudaron aos de 6º a facer un cubo modular.
Fai clic nunha das fotos para ir á galeria.
Obradoiros de papiroflexia
Durante este curso traballaremos a xeometría e a arte a través da papiroflexia. Na primeira sesión, antes das vacacións de Nadal, os alumnos de 1º ESO construíron un calendario con forma de dodecaedro irregular. Na segunda sesión, antes das vacacións de Semana Santa, os alumnos de 1º e 2º da ESO construíron un cubo e un tetraedro regular.
Fai clic en calquera das imaxes para acceder á galería.