lousame
ACCIÓN HUMANA SOBRE O MEDIO NATURAL DE LOUSAME: ESTUDO ECONÓMICO
En 3ºESO estudáronse as causas e consecuencias que teñen as actividades económicas na contorna próxima, neste caso no Concello de Lousame.
Utilizáronse distintos mapas do Sistema de Información Xeográfica de Galicia: usos de solo e litoloxía.
O alumnado realizou fotografías das distintas actividades económicas organizadas por sectores de producción desenvolvidas na contorna e que serviron para unha reflexión sobre o impacto da acción humana sobre o noso concello.
USOS DO SOLO | LITOLOXÍA |
Para ver as fotografías dos sectores económicos que seleccionaron os alumnos de Lousame, preme en "Ler máis".
ACCIÓN HUMANA SOBRE O MEDIO NATURAL DE LOUSAME: ESTUDO DEMOGRÁFICO
O alumnado de 2ºESO realizou unha recollida, selección, organización e presentación de información demográfica no concello de Lousame a partires de fontes de información estatísticas como o IGE e o INE.
Por unha banda, analizamos os movementos naturais de poboación e calculamos distintos indicadores taxa de natalidade, taxa de mortalidade, saldo vexetativo. Por outra banda, analizamos os movementos migratorios do concello e as causas e consecuencias dos mesmos no noso contorno máis próximo.
Coa axuda dunha táboa de datos elaboramos pirámides de poboación do concello de Lousame de distintas épocas que nos serviron para analizar a evolución da poboación no último século.
LOUSAME 1998 | LOUSAME 2016 |