Mellora do entorno
COIDADO E RESPECTO POLO ENTORNO
Dentro das actividades de convivencia, e con motivo da chegada da primavera, realizamos unha plantación de flores de tempada para adecentar e poñer en valor o noso entorno e as nosas instalacións. Coidar e respectar o centro educativo, así como aprezar as distintas manifestacións da natureza, neste caso a floración na primavera, antóllasenos como parte importante na mellora da convivencia. Todas as etapas participaron nesta actividade