"Resistiré" é un dos temas con máis éxito do coñecido Dúo Dinámico.
É unha das cancións propostas nestes días de confinamento na casa para tocar nos balcóns ou ventás dende a casa, como supoño que xa vistes nas redes sociais.
Esta elección non é casual, senón que se debe á temática da que trata esta canción, que fala da superación, e que en estes días difíciles propóñovos aprendela e tocala nas vosas casas! Veredes que non é tan difícil!
LETRA DA CANCIÓN
"Cuando pierda todas las partidas,
cuando duerma con la soledad.
Cuando se me cierren las salidas,
y la noche no me deje en paz.
Cuando sienta miedo del silencio,
cuando cueste mantenerme en pie,
cuando se rebelen los recuerdos,
y me pongan contra la pared.
Resistiré, erguido frente a todo,
me volveré de hierro para endurecer la piel.
Y aunque los vientos de la vida soplen fuerte,
soy como el junco que se dobla,
Pero siempre sigue en pie.
Resistiré, para seguir viviendo,
soportaré los golpes y jamás me rendiré.
Y aunque los sueños se me rompan en pedazos,
resistiré, resistiré"
De seguido, déixovos a partitura e un audio da canción que escoitaredes ao clicar na imaxe.
Ollo!!! Nesta partitura todas as notas Fa son #, polo que recordade que a posición non é a mesma que a de Fa natural. Por outra banda, aparece a nota Mi agudo, que se coloca no cuarto espazo do pentagrama, e que se interpreta colocando na frauta a mesma posición que o Mi grave pero co burato de atrás tapado á metade.
Se tedes algún problema, non dubidedes en comentarmo nesta entrada do Blog e xa vos contesto! Ánimo!
BENVIDA AO NOVO BLOG DE MÚSICA | hai 9 anos 49 semanas |
Apuntamentos "AS FIGURAS MUSICAIS" | hai 9 anos 44 semanas |
Partitura OS PICAPEDRA | hai 9 anos 44 semanas |
Partitura BSO TITANIC | hai 9 anos 44 semanas |
Novas APP de Ópera para o público infantil e xuvenil | hai 9 anos 31 semanas |