@s nen@s de 3º A estamos traballando arreo para preparar a panxoliña que imos representar no festival de Nadal. Como este ano temos un Proxecto Documental Integrado adicado o mar eleximos unha panxoliña titulada "Belén en el fondo del mar". Podedes ver o noso traballo no seguinte enlace: |
|||
Hoxe os nenos e nenas de 6ºB participamos nun obradoiro organizado dende o Equipo de Orientación sobre a igualdade entre homes e mulleres. Gustonos moito e participamos con moito entusiasmo. |
|||
O CPI Cernadas de Castro ven de ser galardonado no Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación da biblioteca escolar polo Proxecto "Os xogos" realizado o curso pasado baixo a coordinación da responsable da biblioteca Dona Mª Jesús Rodríguez , coa colaboración das profesoras Dona Isabel Macias e Dona Maria García e coa participación dos alumnos e alumnas de 1º ESO. Para todos eles os nosos parabéns! |
|||
O mércores 5 de novembro o alumnado de 4º ESO asistiu co profesor de Tecnoloxía Fran del Río e coa profesora de Matemáticas Pilar Cobas á videoconferencia emitida dende a Universidade de Vigo "A ciencia da programación de ordenadores" impartida polo relator Don Manuel Caeiro Rodríguez, doutor en Enxeñaría de Telecomunicaión na Universidade de Vigo. |
|||
Con motivo da celebración do Samaín os nenos e nenas da clase de 3ºA realizamos un taller de cociña de medo. Elaboramos "Plátanos pantasma" e "cabazas laranxa". Pasámolo de medo seguindo os pasos das nosas receitas e disfrutamos dunha merenda saudable. Despois de merendar escribimos as receitas no noso caderno para poder facelas outro día na casa. |
|||
|
|||
Premendo nos arquivos adxuntos podedes ver a relación de libros de texto para o vindeiro curso. |
|||
Tedes as fotos na nosa galería |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- seguinte ›
- última »