Videoconferencia "A ciencia da programación de ordenadores(tamén en galego)"

O mércores 5 de novembro o alumnado de 4º ESO asistiu co profesor de Tecnoloxía  Fran del Río e coa profesora de Matemáticas Pilar Cobas á videoconferencia emitida dende a Universidade de Vigo "A ciencia da programación de ordenadores" impartida polo relator Don Manuel Caeiro Rodríguez, doutor en Enxeñaría de Telecomunicaión na Universidade de Vigo. A esta videoconferencia convidounos  a Coordinadora Galega do ENDL e nela participamos un total de 77 centros da rede de centros educativos de Galicia. Para os rapaces e rapazas resultou unha experiencia moi interesante xa que nunca participaran  dunha videoconferencia resultándolle moi curioso o chat que se estableceu entre os centros e o relator unha vez rematada a ponencia.


Dende aquí as nosas grazas á coordinadora dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística polo seu traballo en prol de reinvidicar a ciencia tamén en galego.