Á espera de que chegue o venres e poidamos gozar dos marabillosos disfraces que todo o centro leva xa unhas semanas preparando, imos caldeando o ambiente e comezamos a traer os accesorios que nos manda o noso Meco. Estade atentos ao que debedes traer cada día, pero se alguén se atopa enfermo ou falta algún día, aí vos van as coplas do Meco:
-Para quedar dunha peza, o luns trae algo na cabeza. -Se non queres acabar no cortello, o martes trae algo vermello. -Se non queres ter piollos, o mércores trae algo nos ollos. -Vale o pixama, pero o xoves trae algo co que durmas na cama.
E como este ano o noso PDI; "Alma de beiramar", convídanos a tratar o tema do mar, o centro decidiu disfrazarse de cabaliños de mar, submarinos, mergulladores, peixes.... e o noso Meco tenta dirixir tanto traballo, por iso o temos vestido de mariñeiro. |
|||
Pasapalabra: exercicio práctico co que aprendemos a definir substantivos. |
|||
O alumno de 1º ESO A do CPI Cernadas de Castro, Oscar Ortigueira Cao, ven de acadar unha mención no concurso "Relatos polo territorio" organizado por ADEGA coa obra titulada "O Lixo". Participaban tamén neste evento outras catro alumnas do centro. |
|||
Chegou o día, 30 de xaneiro, e como non iamos ser menos, puxémonos todos/as a traballar; e cando dicimos todos/as, referímonos a toda a comunidade educativa. Dende Infantil ata 4º de ESO non houbo ninguén que non traballara nos distintos murais que están instalados en diferentes puntos do centro.
|
|||||||||||
Seguimos experimentando na clase de Coñecemento do Medio. Esta vez puxemos en práctica diferentes procedementos para separar os compoñentes dalgunhas mesturas. Quen se atreve a recoñecer estes procedementos nas fotos?
|
|||
Esta semana, aproveitando o tema novo de coñecemento do medio, "A materia e os seus cambios", fixemos na aula lámpadas de lava, onde comprobamos como se separan os compoñentes dunha mestura dependendo das súas densidades.
|
|||
PREMA NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE IMAXES DA EXCURSIÓN A piques de rematar xa o trimestre e para relaxarnos despois de tantos exames, o alumnado de 3º e 4º ESO coordinado polo EDL fomos hoxe ata a vila veciña de Rianxo. |
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- seguinte ›
- última »