[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ MES DE OUTUBRO 2024 Páxina gedepevi 27/09/2024 - 15:16
CALENDARIO DE AVALIACIÓNS 24/25 Páxina gedepevi 27/09/2024 - 11:02
ACTA ASAMBLEA 13_09_24 ANPA pipaca 16/09/2024 - 14:10
CADRO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA pipaca 11/09/2024 - 08:58
SOLICITUDE PARA SER SOCIO DA ANPA ANPA pipaca 11/09/2024 - 08:51
MENÚ MES DE SETEMBRO 2024 Páxina gedepevi 06/09/2024 - 19:47
FALTA DE PROFESORADO ANPA pipaca 04/09/2024 - 13:20
Contacto co centro CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. Páxina bggon 31/07/2024 - 10:39

ACTIVIDADE DO EDL

OS NOSOS DESEXOS PARA O 2015 
 
 
 
 
 
 
Durante a semana anterior, estivemos pedíndolle os mellores desexos para a lingua galega ao Apalpador que temos situado no corredor central. Emulando a campaña de Gústame, todo aquel da comunidade educativa que quixo, puido fotografarse con algún dos lemas que entre todos os rapaces de Secundaria elaboraron. Todos eles pediron un desexo ao Apalpador para o vindeiro ano, relacionado, iso si, coa nosa lingua.
 
 
Os lemas que tiñan para escoller tanto o noso alumnado, como o profesorado, mamás, conserxes... son os seguintes
 
 
-Que Pepa Pig se exprese en galego.
-Ver Bob Esponja en galego.
-Escoitar a Dora falar galego.
-Que o galego este ano gañe máis falantes.
-Que internet non me convide a traducir o galego.
-Que o galego sexa a lingua de Pitágoras.
-Quero que o galego sexa unha adicción.
-Que me subtitulen os videoxogos en galego.
-...As raíces cadradas den galego.
-Que a televisión fale máis/mellor galego.
-Poder ler as instrucións dos aparellos en galego.
-Ter máis prensa en galego.
-Sentirme orgulloso/a da miña lingua.
-Desexo quererte en Galego.
-...Falar mellor o galego.
-Poder vivir e relacionarme en galego.

 

Se queredes ver a totalidade das fotos clicade arriba, na nosa galería, buscade a carpeta do Apalpador e poderedes vervos reflectidos.