Está aberto o prazo de inscrición no Servizo “Lousame Concilia” para o curso 2019/2020. É un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro durante os períodos lectivos.
O prazo para apuntarse remata este venres 19 de xullo.
Podes anotar ao neno/a para que asista ao Servizo en horario de mañá (7:45 a 9:00 horas), de tarde (luns, mércores e xoves, de 15:40 a 17:00 horas) ou ambos.
Os impresos de inscrición están no enlace adxunto, da páxina web municipal |
|||
Listaxe definitiva do Fondo Solidario de libros de texto para a etapa de Educación Primaria (3º e 4º). |
|||
Este curso 2018/19 o CPI Plurilingüe Cernadas de Castro iniciou a súa andadura, despois de ser seleccionado xunto con 9 centros máis de toda Galicia, no proxecto Espazos Maker. O noso centro atópase nun concello cunha relevante importancia económica e histórica no sector mineiro. Non en van xa pode datarse extracción de mineral no lugar de San Finx dende a Idade de Bronce. As Minas poden distinguirse como a primeira explotación de volframio iniciada en España e unha das primeiras de Europa que contou, durante a II Guerra Mundial coas instalacións técnicas máis avanzadas. Hoxe en día a mina continúa aberta e extraendo tanto wolframio coma estaño. Este contexto ofreceunos á comunidade educativa unha oportunidade única para poder desenvolver un traballo interdisciplinar no que se viron implicados todos os departamentos didácticos. Así, nun contexto de investigación, deseño e elaboración, o proxecto final traduciuse na construción dunha MAQUETA INTERACTIVA, a escala, das minas de San Finx, elaborada conxuntamente polo profesorado e alumnado de Secundaria . Este proxecto resultou ser unha ferramenta educativa moi valiosa porque contribuíu a fomentar moitas actitudes e valores que o alumnado foi adquirindo pouco a pouco, e tamén permitiu incorporar a metodoloxía do “aprender facendo”, tan valiosa hogano nas nosas aulas. De xeito transversal, os nenos e nenas aprenderon a valorar o traballo en equipo como estratexia para o desenvolvemento vital fronte ao individualismo, e a cooperar en vez de competir. Este proxecto, iniciado este curso, terá continuación no vindeiro curso dado que nos atopamos na primeira fase do mesmo. Como mostra de todo o proceso desenvolvido ata o momento elaboramos a seguinte presentación que queremos compartir con toda a comunidade educativa. Parabéns ao alumnado e profesorado por un traballo ben feito e polo seu grao de implicación e esforzo!
|
|||
Nos arquivos adxuntos figuran as listas de libros de texto de ED. Primaria e ESO. O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria utilizará o proxecto EDixgal polo que non terán que mercar ningún libro de texto. |
|||
Publicouse as listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente correspondentes ao disposto no artigo 17.6 da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle).
|
|||
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, mediante a Orde de 3 de maio de 2019 (DOG 94, de 20/5/2019), convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar e regula a participación no fondo solidario de libros do alumnado de centros sostidos con fondos públicos, matriculado en EP, ESO e EE para o curso 2019/20. · Tipos de axuda e destinatarios. |
|||
Estas listaxes poderán ser consultadas na páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasle/. Así mesmo, as especificacións referidas ás solicitudes incluidas no Anexo II consultarase a través da opción 3 "estado de solicitude" no menú. Ábrese un parzo de 10 días naturais para efectuar reclamacións e para presentar documentación sinalada nos requerimentos relacionados coa comprobación de datos. |
|||
No arquivo adxunto figuran as listas definitivas do alumnado admitido para o vindeiro curso escolar 2019-20. O prazo para formalizar a matrícula do devandito alumnado é do 20 ao 30 de xuño, ambos inclusive. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »