Responder ó comentario |
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, mediante a Orde de 3 de maio de 2019 (DOG 94, de 20/5/2019), convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar e regula a participación no fondo solidario de libros do alumnado de centros sostidos con fondos públicos, matriculado en EP, ESO e EE para o curso 2019/20. · Tipos de axuda e destinatarios. - Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3ºe 4ºde EP e todos os cursos de ESO. O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria están excluídos da participación no fondo solidario de libros dado que participarán no proxecto EDixgal (libros dixitalizados e gratuítos para todo o alumnado). - Axudas para libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, Educación Especial e con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). - Material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e E. Especial. · Requisitos. - Ser pai/nai/titor legal dun alumno matriculado nun centro sostido con fondos públicos. - Renda per cápita igual ou inferior a 9000 €, agás no caso de discapacidade superior ao 65% e alumnado en garda/tutela da Xunta de Galicia ou de Educación Especial, que poderá ter calquera tipo de renda: o Os datos son os do exercicio fiscal de 2017. o Sumaranse os recadros 415 e 435 de cada un dos membros da familia con ingresos e dividirase o resultado da suma polo número de membros da unidade familiar a 31/12/17. o No caso de non prestar declaración, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. · Presentación de solicitudes. - Cada pai/nai/titor cubrirá unha única solicitude para todos os seus fillos, que poderá recoller no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros da Consellería de Educación. - Poden optar polas seguintes formas de presentación: a) No centro, en soporte papel, ata o 21 de xuño de 2019 (este incluído), agás o alumnado procedente de centros privados ou os repetidores de 4º de ESO, que terán un mes de prazo desde a matrícula.Virán debidamente asinadas e coa documentación requirida; se se cubriu na propia aplicación Fondolibros, imprimirase e entregarase cuberta co número que lle foi asignado para que o centro a poida recuperar. b) Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, que enviará un aviso ao correo electrónico do centro. · Documentación que se debe achegar. - Anexo I, que acompaña á solicitude, para a comprobación de datos de membros computables. Este está disponible nas dependencias de Administración do centro, na páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicernadascastro e na propia aplicación de fondo libros, https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ - Copia do libro de familia ou documento que acredite número de membros computables a 31 de decembro de 2017 (sentenza de divorcio ou separación, certificado de convivencia, …). - Certificado acreditativo do grao de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar e/ou acreditación de violencia de xénero, de ser caso. - Acreditación de violencia de xénero, se fose preciso. - De non autorizar a consulta telemática, á documentación anterior debe engadirse o DNI dos membros computables da unidade familiar e a declaración da renda do exercicio 2017 e o resto da documentación xustificativa. · Contía das axudas. - Libros de texto (só alumnado de 1º, 2º EP e NEAE): o 170 € para as rendas per cápita inferiores a 5400 € o 90 € para as rendas entre 5400 € e 9000 € · O alumnado de Educación Especial ou con discapacidade igual ou superior ao 65% recibirá unha axuda de 250 € e axuda para adquirir material escolar, con independencia da renda per cápita familiar. · Fondo solidario de libros. - Participan nel todos os alumnos dos cursos 3º e 4º de EP e todos os cursos da ESO que presenten a solicitude pertinente. - A este alumnado asignaráselle os libros por orde inversa á renda per capita da unidade familiar ata esgotar as existencias do centro, se ben teñen preferencia os alumnos en garda e tutela da Xunta de Galicia ou aqueles cunha discapacidade igual ou superior ao 65%. - Cando os libros non cheguen, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios para entregar: 6 libros ás rendas inferiores a 5400 € e 4 libros ás situadas no tramo entre 5400€ e 9000 €. · Obrigas dos beneficiarios: - En caso de recibir vales para material ou libros de texto, deben adquirir os libros de texto indicados polo centro e o material escolar necesario. - Os participantes no Fondo deben devolver en bo estado os libros de texto recibidos ou mercados co Fondo do curso 2018/19 e comprometerse a conservar os que reciben para o curso 2019/2020. A non devolución será causa de exclusión da participación no fondo. Deben ter en conta que a data límite de entrega é o 21 de xuño e que esta vén marcada pola propia Consellería, de ser entregada con posterioridade a aplicación está pechada e dende o centro non poderiamos facer nada ao respecto. Tampouco podemos tramitar solicitudes que estén incompletas por falta de documentación.
|
|||||||||