Responder ó comentario

CONCILIA CONCELLO DE LOUSAME

Está aberto o prazo de inscrición no Servizo “Lousame Concilia” para o curso 2019/2020.

É un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro durante os períodos lectivos.

 

O prazo para apuntarse remata este venres 19 de xullo.

 

Podes anotar ao neno/a para que asista ao Servizo en horario de mañá (7:45 a 9:00 horas), de tarde (luns, mércores e xoves, de 15:40 a 17:00 horas) ou ambos.

 

Os impresos de inscrición están no enlace adxunto, da páxina web municipal 

www.concellodelousame.gal

http://www.concellodelousame.gal/index.php/gl/12-novas/654-concilia-para-curso-2019-2020?fbclid=IwAR3WDjlAmqu4rzdJQxZzNcgVA9kDnz_4z0WB3oqmT2lIIqxjvITkX2J32ZA

 

Calquera dúbida, podes chamar á Concellería de Igualdade: 981 820 494.”

Responder