Está aberto o prazo de inscrición no Servizo “Lousame Concilia” para o curso 2019/2020. É un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro durante os períodos lectivos.
O prazo para apuntarse remata este venres 19 de xullo.
Podes anotar ao neno/a para que asista ao Servizo en horario de mañá (7:45 a 9:00 horas), de tarde (luns, mércores e xoves, de 15:40 a 17:00 horas) ou ambos.
Os impresos de inscrición están no enlace adxunto, da páxina web municipal
Calquera dúbida, podes chamar á Concellería de Igualdade: 981 820 494.” |
|||