[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52

Aula e grupo gañador. Mes de marzo

Aquí temos os primeiros gañadores do concurso"A nosa aula si que mola", o grupo de 2ºESOA. O xurado considerou que foi o grupo que máis melloras fixo  en canto a limpeza, orde, decoración,...Parabéns e grazas aos alumnos e alumnas así como á súa titora pola labor ben feita.  Tamén as grazas aos demais grupos pola súa implicación e sorte para o seguinte mes.

Aí vai unha fotiño do grupo e a titora posando na súa aula da que se sinten orgullosos.

 

Charla prevención de incendios e protección medioambiental.

O venres día 8 de maio @s nen@s de 3ºA e 3ºB tivemos unha visita dos axentes forestais de Noia.

Durante case dúas horas estivéronnos contando cousas moi interesantes: en que consistía o seu traballo, como o fan, como podemos nós coidar e protexer a natureza, os montes e os ríos...

A entrevista

Continuando co noso traballo coa prensa, abordamos a entrevista. Logo de analizar diferentes entrevistas en La Voz de Galicia y estudar o proceso de elaboración deste tipo de texto, convertémonos en xornalistas e cada aula realizou unha entrevista. Velaquí os resultados:

Os cabaliños de mar

Os alumnos e alumnas de 1ºA e 1ºB, estamos aprendendo un montón de cousas sobre os cabaliños de mar: onde viven, que comen, como se reproducen, quenes son os seus veciños, de quen teñen que escapar.....

Aquí vos deixamos un video para que vexades como nacen. Sabiades que son os machos os que levan as crias na súa bolsa ata o seu nacemento?

 

VISÍTANOS MANUEL LOURENZO

 

Onte, 5 de maio, recibimos a visita do escritor e docente Manuel Lourenzo que veu falarnos dos seus dous libros, Irmán do vento Flor de area, que lemos en 3º  e 4º ESO.

Notirrelatos

En 1º ESO participamos no programa Prensa Escuela de La Voz de Galicia e traballamos coa prensa todos os mércores do curso. Este trimestre, ademais,  dedicamos unha hora semanal a diversas actividades a partir dos diferentes tipos de texto da prensa: a publicidade, a noticia, o humor, as entrevistas, as cartas ao director...

Visita d@s nen@s de 5ºA

Co gallo do día do libro @s alumn@s de 3ºA e 3ºB de Primaria o pasado luns día 27 de abril tivemos unha visita na nosa aula.


Para conmemorar este día decideuse que os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º lle lesen un conto aos de Infantil, 1º, 2º e 3º. Foi así, como a nosa aula chegaron @s nen@s de 5ºA.

O GALEGO E O MAR

ACTIVIDADE DO EDL

Nova actividade para 3º ciclo de Primaria e todo Secundaria. Estade atentos ao que tedes que realizar:

Distribuir contido