[Actividade recente]

Responder ó comentario

Charla prevención de incendios e protección medioambiental.

O venres día 8 de maio @s nen@s de 3ºA e 3ºB tivemos unha visita dos axentes forestais de Noia.

Durante case dúas horas estivéronnos contando cousas moi interesantes: en que consistía o seu traballo, como o fan, como podemos nós coidar e protexer a natureza, os montes e os ríos...

Despois, saimos ao patio e explicáronnos como actuan cando lles avisan dun incendio. Ensináronnos os traxes que utilizan e como funciona a motobomba.

Para rematar, regaláronnos unha cerceira e cada un terá que plantala na súa casa.

 Explicándonos como funciona a motobomba.

 Vendo como se utiliza a mangueira.

 

 Os axentes forestais.

Responder