Co gallo do día do libro @s alumn@s de 3ºA e 3ºB de Primaria o pasado luns día 27 de abril tivemos unha visita na nosa aula. Para conmemorar este día decideuse que os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º lle lesen un conto aos de Infantil, 1º, 2º e 3º. Foi así, como a nosa aula chegaron @s nen@s de 5ºA. Viñeron lernos o conto "Correo para Tigre" que conta a historia de Oso e de Tigre Pequeno. Oso vai pescar e decide mandarlle unha carta o seu amigo Tigre para que non se sentise tan só pero o correo no bosque non funcionaba moi ben... Pero colaborando entre todos conseguiron crear unha rede de correo e un rede telefónica. Deixamos unhas fotiños para que vexades que ben o pasamos.
|
|||