[Actividade recente]

CONVOCATORIA DE REUNIÓN INFORMATIVA DO SECTOR DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO

 

 

            De acordo co procedemento establecido no punto cuarto da Orde do 29 de maio de 2008, pola que establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil, colexios de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e centros privados concertados, convocámolos a unha reunión informativa  do sector de nais, pais ou titores legais atendendo ao seguinte horario:

 

Día: 26 de abril de 2016

Hora: 20,00h

 

XOGANDO A ENSINAR

                  O alumnado de 3º B viviu unha nova experiencia cun pequeno proxecto cos nenos e nenas de infantil A, traballamos con eles unha clase de Educación Física.

                 Fixemos pequenas postas de habilidades motrices coordinativas onde os alumnos de 3ºB tiñan que ensinarlles como se realizaban os xogos, previamente traballados en clase: organización espacial e desenvolvemento destes con práctica.

                 A través do circuito por tempos foron  pasando pouco a pouco, e todos disfrutaron de cada xogo coa axuda dos profes de 3ºB.

PREME NA FOTO PARA IR Á GALERÍA! 

 

ESPERAMOS QUE VÓS GUSTE!

 

 
   

PRESENTACIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA ALECRÍN

A Xunta Directiva da ANPA Alecrín do CPI Cernadas de Castro vén de renovar parte dos seus membros. Achégannos unha carta de presentación a toda a comunidade educativa que podedes ver premendo no arquivo adxunto. 


A nosa benvida a esta nova Xunta directiva e  tamén as nosas grazas ás nais e pais que formaron parte da anterior  pola súa implicación e colaboración  ao longo destes ultimos cursos.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 2016-2017

No arquivo adxunto poden acceder o listado provisional de alumnado para o vindeiro curso escolar 2016-2017.

A Voz d'A Silva

Recordades quen era Alberto González?? Mirade o Blog da Silva e recordaredes que é o noso xornalista favorito; el estivo de visita para conmemorar a Semana da Prensa e foi o encargado de maquetarnos o noso xornal, A Voz d'A Silva. Abride o libro que tedes a seguir e poderedes velo con detemento.

 

 
Clica aquí para descargar a versión pdf.

PROXECTO DRAGAL

 

Seguimos co Proxecto Dragal e non paramos de traballar. Despois da visita da autora, agora tocou decorar o centro. Mirade como quedou a entrada das aulas de 3º ESO, xa temos a nosa particular cova, acabamos de recrear a morada do dragón.

Parece que Dragal semella estar moi a gusto entre o alumnado, igual nos engaiola e acabamos como Hadrián, o protagonista da novela.
Mirade as fotos e, cando vexades polo corredor ao noso profe de Plástica, dádelle as grazas pola súa inestimable colaboración e tamén os parabéns polo resultado.
 
 
   
   

 

Obradoiros de papiroflexia

Durante este curso traballaremos a xeometría e a arte a través da papiroflexia. Na primeira sesión, antes das vacacións de Nadal, os alumnos de 1º ESO construíron un calendario con forma de dodecaedro irregular. Na segunda sesión, antes das vacacións de Semana Santa, os alumnos de 1º e 2º da ESO construíron un cubo e un tetraedro regular.

Fai clic en calquera das imaxes para acceder á galería.

LETRAS GALEGAS E MANUEL MARÍA

Clicade na imaxe e o Blog d'A Silva poñeramos ao tanto de todas as novidades.

 

Distribuir contido