![]() |
![]() |
Seguimos co Proxecto Dragal e non paramos de traballar. Despois da visita da autora, agora tocou decorar o centro. Mirade como quedou a entrada das aulas de 3º ESO, xa temos a nosa particular cova, acabamos de recrear a morada do dragón. Parece que Dragal semella estar moi a gusto entre o alumnado, igual nos engaiola e acabamos como Hadrián, o protagonista da novela.
Mirade as fotos e, cando vexades polo corredor ao noso profe de Plástica, dádelle as grazas pola súa inestimable colaboración e tamén os parabéns polo resultado.
|
|||||||||