[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52

Despedida da nosa compañeira Milu

Milu,

GRAZAS ploa túa xenerosidade,

GRAZAS polo teu cariño,

GRAZAS polo teu sorriso,

GRAZAS pola túa simpatía,

GRAZAS polo teu traballo,

GRAZAS polo tempo compartido.

ATA SEMPRE  querida amiga!

 

Listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto de ESO para o curso 2019/20.

Nos documentos adxuntos poderedes consultar a listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto para o curso 2019/20 de Educación Secundaria.

 

Listaxe fondo solidario libros de texto de admitidos e excluídos da etapa de ESO 2019/20.

Publicación da listaxe provisional de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto para o curso 2019/20.

NOVO HORARIO_CURSO 2019_20

A partir deste curso escolar o horario do centro é o que segue:

Hora de entrada: ás 9:10 horas

Hora de saída: ás 15: 40 horas, agás os martes que será ás 17:20 horas.

As rutas de transporte seguen sendo as mesmas polo que a súa duración tamén, iso significa que o alumnado empregará o mesmo tempo que viña empregando para chegar ao centro ou ao seu domicilio.Tan só deben ter en conta a nova hora de entrada e de saídas  á hora de levar ou recoller  na parada aos seus fillos e fillas.

O Concello oferta o Servizo de Concilia en horario de mañá ( de 7:45 a 9:00) e nas tardes do luns, mércores e xoves ( de 15:40 a 17:00). De facer uso do servizo de tarde, o alumnado terá que ser recollido no centro pola súa familia.

CONCILIA CONCELLO DE LOUSAME

Está aberto o prazo de inscrición no Servizo “Lousame Concilia” para o curso 2019/2020.

É un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro durante os períodos lectivos.

 

O prazo para apuntarse remata este venres 19 de xullo.

 

Podes anotar ao neno/a para que asista ao Servizo en horario de mañá (7:45 a 9:00 horas), de tarde (luns, mércores e xoves, de 15:40 a 17:00 horas) ou ambos.

 

Os impresos de inscrición están no enlace adxunto, da páxina web municipal 

www.concellodelousame.gal

Listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros de texto na etapa de Primaria para o curso

Listaxe definitiva do Fondo Solidario de libros de texto para a etapa de Educación Primaria (3º e 4º).

ESPAZOS MAKER

        Este curso 2018/19 o  CPI Plurilingüe  Cernadas de Castro iniciou a súa andadura, despois de ser seleccionado xunto con 9 centros máis de toda Galicia, no proxecto Espazos Maker. O noso centro atópase nun concello cunha relevante importancia económica e histórica no sector mineiro. Non en van xa pode datarse extracción de mineral no lugar de San Finx dende a Idade de Bronce. As Minas poden distinguirse como a primeira explotación de volframio iniciada en España e unha das primeiras de Europa que contou, durante a II Guerra Mundial coas instalacións técnicas máis avanzadas. Hoxe en día a mina continúa aberta e extraendo tanto wolframio coma estaño.

       Este contexto ofreceunos á comunidade educativa unha oportunidade única para poder desenvolver un traballo interdisciplinar no que se viron implicados todos os departamentos didácticos. Así, nun contexto de investigación, deseño e elaboración, o proxecto final traduciuse na construción dunha MAQUETA INTERACTIVA, a escala, das minas de San Finx, elaborada conxuntamente polo profesorado e alumnado de Secundaria .           

       Este proxecto resultou ser unha ferramenta educativa moi valiosa porque  contribuíu a fomentar moitas actitudes e valores que o alumnado foi adquirindo pouco a pouco, e tamén permitiu  incorporar a metodoloxía do “aprender facendo”,   tan valiosa  hogano nas nosas aulas.

      De xeito transversal, os nenos e nenas aprenderon a valorar o traballo en equipo como estratexia para o desenvolvemento vital fronte ao individualismo, e a cooperar en vez de competir.

          Este proxecto, iniciado este curso, terá continuación no vindeiro curso dado que nos atopamos na primeira fase do mesmo.

          Como mostra de todo o proceso desenvolvido ata o momento elaboramos a seguinte presentación que queremos compartir con toda a comunidade educativa.

            Parabéns ao alumnado e profesorado por un traballo ben feito e polo seu grao de implicación e  esforzo!

 

LISTAS DE LIBROS DE TEXTO.CURSO 2019_20

Nos arquivos adxuntos figuran as listas de libros de texto de ED. Primaria e ESO.

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria utilizará o proxecto EDixgal polo que non terán que mercar ningún libro de texto.

Distribuir contido