Listas de libros de texto de Educación Primaria, preme no enlace para a consulta. Listas de libros de texto de ESO, preme no enlace para a consulta. AVISO: O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria utilizará o proxecto EDixgal polo que non terán que mercar ningún libro de texto. Descarga no teu móbil: Secundaria Primaria |
|||
ADMISIÓN CICLOS Curso 2022-23: Saíron as datas para o proceso de admisión de solicitudes: do 23 xuño ás 9:00 ao 5 xullo ás 13:00 horas Neste enlace atoparedes toda a información relativa ao proceso de admisión a ciclos para o curso 2022-23 (instrucións xerais, documentación, calendario, oferta, listaxes ...)
|
|||
O alumnado de 1º e 2º de ESO na chegada á praza do Obradoiro logo de realizar o último tramo do Camiño de Santiago Ría de Muros e Noia, foron 14kms dende Brión ata Santiago de Compostela nuha xornada que resultou máis dura do previsto debido o día solleiro que tivemos. |
|||
Os días xoves 2 e venres 10 de xuño tiveron lugar as III Xornadas de Gastronomía Francesa organizadas polo alumnado de francés do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro e coa imprescindible colaboración e bo facer do equipo de cociña. Como en edicións anteriores deixámovos máis abaixo o enlace para responder a unha enquisa sobre a vosa opinión das xornadas. Como en edicións anteriores, leremos con moito interés as vosas valoracións e comentarios e terémolos en conta na medida do posible para as vindeiras edicións. Desexamos que gozarades coñecendo e aprezando a diferente gastronomía do país veciño. Moitas grazas pola vosa participación e ata a vindeira edición! |
|||
Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 18 de maio de 2022. (código procedemento ED330B) - Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros): para alumnado que vaia a cursar 3º e 4º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Secundaria. - Axudas para adquirir libros de texto: para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria. |
|||
Todas as solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 2022_23 foron admitidas de xeito definitivo. As listaxes están expostas no taboleiro principal do centro. As persoas interesadas poderán consultar as listaxes de xeito:
Presencial: na secretaría do centro.
Non presencial: a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
|
|||
Alumnos do noso centro participaron no XXVII Certame Literario Alberto Romasanta, xunto con IES Virxe do Mar, o IES Campo de San Alberto e IES Poeta Añón de Outes. De entre as 122 obras presentadas os alumnos de 1° de ESO, Xoel Mariño Domínguez e Nuno Carmona González resultaron gañador e finalista respectivamente na categoría 1 de prosa, e Nicolás Outeiral Suárez de 2° de ESO gañou no aparato de poesía tamén na categoría 1, que englobaba 1° e 2° da ESO.
Noraboa a todos eles!
|
|||
Aberto o prazo de solicitudes de becas para estudos de niveis postobrigatorios, do 30/03/2022 ata o 16/05/2022
Preme para acceder á páxina de información sobre becas e axudas convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, segundo os diferentes tipos e niveis de ensinanzas.
Accede aos consellos para a solicitude de becas "Tu beca así de fácil" , facilitados no portal do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Compartimos as aclaracións a algunhas preguntas formuladas polos solicitantes das bolsas do MEC para o curso 2022/2023 (facilitadas por parte do Coordinador da Sección provincial de Becas de A Coruña).
Relación de estudos para os que se pode solicitar beca.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »