Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 18 de maio de 2022. (código procedemento ED330B) - Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros): para alumnado que vaia a cursar 3º e 4º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Secundaria. - Axudas para adquirir libros de texto: para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria. - Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que vaia a cursar Ed. Primaria e Ed. Secundaria cando reúnan os requisitos establecidos na orde. - O alumnado que vai a cursar 5º e 6º de primaria participan no proxecto E-DIXGAL, polo que non precisan libros de texto. Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento. 1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación: a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar). b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. 1º. Certificado ou volante de convivencia. 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia onde deberán d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. 2. Presentación de solicitudes: • Presencialmente no centro educativo. • A través da Sede Electrónica https://sede.xunta.gal (empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365)
O prazo para presentar as solicitudes é dende o 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 ambos inclusive. Horario de entrega de na Secretaría do centro desde as 9:00h-14:00h. |
|||