![]() |
![]() |
Nos arquivos adxuntos poden consultar as listas definitivas de alumnado admitido no Fondo solidario de libros de texto da Xunta de Galicia para o curso 2015-2016. Deben comparar o lote de libros que se lles adxudicou coa lista de libros do curso correspondente por se cumprise mercar algún. |
|||
Nos arquivos adxuntos poderá acceder ás listas provisionais de admitidos e excluídos no Fondo provisional de libros de texto para o curso 2015-2016. As persoas interesadas poderán formular reclamación no centro os días 8 e 9 de xullo de 2015.
|
|||
Nos arquivos adxuntos poderá acceder aos listados de libros de texto para o curso 2015-2016. |
|||
Por fin... Escoitade, escoitade....
|
|||
Esta semana na clase de lingua castelá estivemos traballando con poemas. Entón ocorreusenos facer un poema tolo. A actividade consistía en que cada un de nós tiña que escribir un verso para elaborar o poema, pero había unha pequena dificultade, soamente podíamos ver o verso que escribiran xusto antes de que nos tocase, polo que non sabiamos como era o resto do poema. |
|||
Para aprender a calcular os perímetros e as áreas de polígonos utilizamos un tangram que fixemos nós mesmos. |
|||
Xa temos gañadores!!!!! Traballastes arreo nesta última parte do curso e conseguimos elaborar unhas fermosísimas RIMAS MARIÑEIRAS, tendo sempre en conta a defensa do noso ben máis preciado: a lingua.
Logo montamos as rimas gañadores enriba de fotografías dos traballos realizados sobre o mar durante o curso. Mirade para aí:
Parabéns aos cinco: Manuel, Mariña, Miriam, Nerea e Uxía. Na vindeira semana, repartiremos os adhesivos coas vosas rimas a todo o alumnado do centro.
|
|||||||
Levamos un tempo pensando en inaugurar unha sección adiicada aos nosos alumnos que dunha maneira ou outra destacan nunha modalidade deportiva, por este motivo comeza hoxe está sección, que chamaremos O RECUNCHO DO DEPORTISTA na que amosaremos os pequenos logros que acadan os nosos alumnos no deporte que practican. Imos adicar este primeiro número a uns deses alumnos deportistas que ultimamente non paran de cosechar éxitos, PABLO OLIVER IGLESIAS leva tempo regateando no seu optimist e ultimamente estanos acostumando a acadar moi bos resultados, o que o vai levar a participar a finais deste mes de xuño no campionato de España da súa especialidade que se vai celebrar en Santander. Para saber máis pincha nos seguintes enlaces: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2015/06/04/pequeno-gran-campeon/0003_201506B4C9991.htm |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- …
- seguinte ›
- última »
![CPI Plurilingüe Cernadas de Castro RSS Distribuir contido](/centros/cpicernadascastro/misc/feed.png)