[Actividade recente]

Poema loco

Esta semana na clase de lingua castelá estivemos traballando con poemas. Entón ocorreusenos facer un poema tolo.

A actividade consistía en que cada un de nós tiña que escribir un verso para elaborar o poema, pero había unha pequena dificultade, soamente podíamos ver o verso que escribiran xusto antes de que nos tocase, polo que non sabiamos como era o resto do poema.

Cando rematamos todos estabamos desexando ver o resultado final e rimonos moito cando o lemos.

Ensinámosvos o resultado final.