[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44

XA TEMOS PROGRAMA DE RADIO

 

Por fin... Risa e despois da visita de Alberto, da ida á rotativa d'O Correo Galego, da entrevista á nosa cociñeira e da venda de larpeiradas na nosa tenda MIMOS, obtivemos a nosa recompensa: UN PROGRAMA DE RADIO, onde o noso xornalista favorito, Alberto, nos entrevista a cada un de nós.

Escoitade, escoitade....

Poema loco

Esta semana na clase de lingua castelá estivemos traballando con poemas. Entón ocorreusenos facer un poema tolo.

A actividade consistía en que cada un de nós tiña que escribir un verso para elaborar o poema, pero había unha pequena dificultade, soamente podíamos ver o verso que escribiran xusto antes de que nos tocase, polo que non sabiamos como era o resto do poema.

CALCULAMOS ÁREAS E PERÍMETROS

Para aprender a calcular os perímetros e as áreas de polígonos utilizamos un tangram que fixemos nós mesmos.

O GALEGO E O MAR

Xa temos gañadores!!!!! Traballastes arreo nesta última parte do curso e conseguimos elaborar unhas fermosísimas RIMAS MARIÑEIRAS, tendo sempre en conta a defensa do noso ben máis preciado: a lingua.

 

Logo montamos as rimas gañadores enriba de fotografías dos traballos realizados sobre o mar durante o curso. Mirade para aí:

 
 

 

 

 

Parabéns aos cinco: Manuel, Mariña, Miriam, Nerea e Uxía.

Na vindeira semana, repartiremos os adhesivos coas vosas rimas a todo o alumnado do centro.

 

O RECUNCHO DO DEPORTISTA

Levamos un tempo pensando en inaugurar unha sección adiicada aos nosos alumnos que dunha maneira ou outra destacan nunha modalidade deportiva, por este motivo comeza hoxe está sección, que chamaremos O RECUNCHO DO DEPORTISTA na que amosaremos os pequenos logros que acadan os nosos alumnos no deporte que practican.

Imos adicar este primeiro número a uns deses alumnos deportistas que ultimamente non paran de cosechar éxitos, PABLO OLIVER IGLESIAS leva tempo regateando no seu optimist e ultimamente estanos acostumando a acadar moi bos resultados, o que o vai levar a participar a finais deste mes de xuño no campionato de España da súa especialidade que se vai celebrar en Santander.

Pablo Oliver, a pesar de su juventud, cuenta con diversos premios y dos subcampeonatos gallegos.

Para saber máis pincha nos seguintes enlaces:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2015/06/02/pablo-oliver-representara-galicia-nacional/0003_201506B2C10994.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2015/06/04/pequeno-gran-campeon/0003_201506B4C9991.htm

Bingo matemático

En 1º ESO puxemos en marcha un bingo matemático. O alumnado dispoñía duns cartóns, onde aparecían operacións matemáticas cuxo resultado debían comprobar que coincidise co número extraído polo profesor/a. Foron varias clases nas que traballamos o cálculo mental e na que a rapidez se convertiu nun factor clave.

Deixamos unha mostra destes cartóns tan curiosos.

 

A gran carreira

Co alumnado de 3º ESO, ao comezo da segunda avaliación, fixemos un recorrido, un tanto competitivo,  polos contidos aritméticos vistos no primeiro trimestre. O alumnado emprendeu o que nos demos en chamar "A gran carreira", para chegar á meta, e atendendo á casilla do tableiro na que ían caendo, tiveron que resolver todo tipo de cuestións relacionadas co  cálculo, porcentaxes, proporcionalidade, sucesións,.... Todo un reto que colleron con moito entusiasmo porque tamén había unha compensación cara a nota final do trimestre.

 

A matemática dende un punto de vista artístico

O alumnado de 1º de ESO realizou  diferentes poliedros en cartolinas de cores como primeira achega ao concepto  de volume. Está relacionado  co tema de cálculo de superficies planas  abordado xa na materia de Matemáticas ao longo do segundo trimestre e introduce contidos para o cálculo de volumes que logo en segundo de ESO afianzarán na mencionada materia.


Cada alumno recibiu unha fotocopia con diferentes modelos que lles serviu de plantilla para realizar o traballo final. Deste xeito, o alumnado pudo comprobar como conseguir a terceira dimensión a partir do plegado dunha superficie plana e avanzou a posibilidade de abordar contidos relacionados coa Xeometría en arte e a súa importancia en diferentes manifestacións e movementos artístico,  así como expoñer conceptos máis concretos sobre a escultura e a arquitectura.








 

Distribuir contido