Responder ó comentario
A matemática dende un punto de vista artístico
O alumnado de 1º de ESO realizou diferentes poliedros en cartolinas de cores como primeira achega ao concepto de volume. Está relacionado co tema de cálculo de superficies planas abordado xa na materia de Matemáticas ao longo do segundo trimestre e introduce contidos para o cálculo de volumes que logo en segundo de ESO afianzarán na mencionada materia.
Cada alumno recibiu unha fotocopia con diferentes modelos que lles serviu de plantilla para realizar o traballo final. Deste xeito, o alumnado pudo comprobar como conseguir a terceira dimensión a partir do plegado dunha superficie plana e avanzou a posibilidade de abordar contidos relacionados coa Xeometría en arte e a súa importancia en diferentes manifestacións e movementos artístico, así como expoñer conceptos máis concretos sobre a escultura e a arquitectura.