|
|||
Prezadas familias: A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar as instrucións dirixidas á direccións dos centros educativos de ensino non universitario para que se proceda a realizar a avaliación do alumnado referida ao segundo trimestre: Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. A da avaliación do segundo trimestre estará referida, polo tanto, ao traballo desenvolvido dende o inicio do 2º trimestre, no mes de xaneiro, ata o día 13 de marzo. Ante a situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19 e elevada á categoría de pandemia internacional pola Organización Mundial da Saúde o 11 de marzo de 2020 non é posible facer uso das vías ordinarias para emitir os boletíns ás familias. Estas terán acceso aos mesmos a través da aplicación abalarMóbil, a finais da vindeira semana . É preciso que todas as familias que aínda non teñan descargada a aplicación abalarMóbil procedan a facelo o antes posible. Trátase dunha aplicación gratuíta da Xunta de Galicia que permite ás familias consultar a información dos seus fillos e fillas a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Pódese instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet. A descarga desta aplicación faise dende Apple Store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). Premendo no seguinte enlace poderán acceder a unha guía que lles indicará os pasos a seguir para instalar, dun modo moi sinxelo, a aplicación abalarMóbil, así como coñecer todas as funcionalidades da devandita aplicación. https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf Grazas, unha vez máis, pola súa colaboración. O equipo directivo
|
|||
Prezadas familias:
Dende o luns 16 de marzo, tras a interrupción das clases presenciais por mor desta crise sanitaria que estamos vivindo, o profesorado puxo en marcha distintas canles de comunicación co alumnado a través das cales lle está facendo chegar tarefas, propostas lúdicas e recomendacións varias. É importante que os voso fillos e fillas as realicen pois axudan a manter unha rutina de traballo, reforzar contidos e poden ser tamén unha invitación á reflexión tan necesaria nestes complicados días. Temos constancia de que hai alumnado que aínda non entrou nas plataformas virtuais habilitadas para isto, nin contestou aos correos enviados polos docentes das distintas materias , manténdose á marxe da nosa comunidade educativa. Neste senso pedímosvos a vosa colaboración. Insistide para que os vosos fillos e fillas se poñan en contacto cos profesorado que lles orientará nas tarefas propostas e responderá ás súas dúbidas.
|
|||
O Goberno de España prorroga o estado de alarma durante outros 15 días, ata o 12 de abril. |
|||
Tras a suspensión das clases presenciais durante estes 14 días o profesorado continuará, pero de xeito diferente, co seu labor docente. Cada un deles optará por aquel método online que lle resulte máis apropiado para seguir traballando a súa materia tendo en conta, á súa vez, a etapa educativa do seu alumnado. Para isto, creáronse tres blogs ou bitácoras ás que poderán acceder a través do menú “Traballa na casa”, situado no lado esquerdo da páxina. Cada bitácora responde a cada unha das etapas educativas diferentes: Infantil, Primaria e Secundaria, e dentro de cada unha delas van ir atopando o material para cada grupo e materia, así como todas aquelas consideracións que o profesorado estime pertinentes co obxecto de orientar ás familias e guiar o proceso de ensino-aprendizaxe do seu alumnado. O alumnado deberá realizar as tarefas encomendadas e seguir as indicacións do profesorado á hora de remitirllas para poder levar a cabo a corrección das mesmas. Dende esta mesma mañá luns, 16 de marzo, e de xeito gradual ao longo destes 14 días, terán acceso aos distintos contidos. Estamos ante unha situación excepcional e nova para todos nós: alumnado, familias e profesorado. Para que o proceso de ensino – aprendizaxe teña unha continuidade precísase o compromiso de todos e todas. É importante que o alumnado se marque un horario diariamente e teña unha actitude de esforzo e responsabilidade cara o estudo seguindo as indicacións do seu profesorado que estará, en todo momento, pendente da evolución deste proceso. Así mesmo, estes días as familias teñen un papel de gran implicación na orientación e supervisión do estudo dos seus fillos e fillas.
|
|||
Temos que continuar, que os anciáns sigan conscientes de que teñen |
|||
Atendendo ao Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 interrúmpense os plazos para solicitar a admisión do alumnado en calquera centro educativo. O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia o presente Real Decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo. |
|||
O Presidente da Xunta de Galicia, Don Alberto Núñez Feijoo, vén de comparecer en público a última hora de mañá ante os medios de comunicación, para dar, entre outras, a instrución de suspender as clases e todas as saídas e actividades extraescolares durante 14 días, a partir do luns 16 de marzo, como medida preventiva frente ao avance do Coronavirus -19. Solicita tamén, ás familias, que na medida que lles sexa posible, non envíen aos seus fillos e fillas aos centros educativos no día de mañá, venres 13 de marzo. Durante todo este período trataremos de telos informados, na medida que nos sexa posible. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »