Poñédeslle música á banda sonora da vosa vida? Isto xa é posible cun só clic. Retrojam é unha app coa que podedes desfrutar das cancións que soaron dende o ano do voso nacemento ata o momento. Esta especie de viaxe ao pasado percorre as décadas musicais dende 1950 ata a actualidade. O seu funcionamiento é moi sinxelo. Debedes de introducir a vosa data de nacemento e por arte de maxia atoparedes unha lista de reprodución coas cancións que máis soaron dende os vosos primeiros días. Seguramente, moitas cancións non vos resultarán familiares, en función do que escoitabades segundo os vosos gustos musicais, pero outras moitas recordaranvos situacións memorables asociadas á vosa infancia ou xuventude. A aplicación permitiravos reproducir a lista de cancións en Spotify de balde e incluso mercar a música por iTunes. Para escoitar a vosa banda sonora, clicade na imaxe e xa descargades directamente a app.
|
|||
Fixemos un mercado na aula para aprender a calcular descontos e precios finais, que ben o pasamos e canto aprendemos!
|
|||||||
Ópera XXI, a Asociación de Teatros, Festivais e Temporadas Estables de Ópera presenta dúas aplicacións para móviles e tabletas a través das cales os nenos poden achegarse ao mundo da ópera. As dúas aplicacións, denominadas Play Ópera e Vamos a la Ópera están dispoñibles para descarga de balde en IOS e Android.
Vamos a la Ópera Esta aplicación, recomendada para nenas/os de entre 6 e 12 anos, propón acompañar a un grupo de escolares na súa visita a un teatro de ópera. Unha guía acompañará ao grupo que descubrirá como funciona o teatro e a cantidade de funcións e oficios que se poñen en marcha para producir un espectáculo de ópera.
Play Ópera É unha innovadora aplicación musical que presenta cinco fragmentos de cinco óperas de amor, ilustradas por recoñecidos artistas, que persegue emocionar aos nenos coas historias de amor de príncipes, princesas, labradores, bufóns, duques e asasinos. Nela poderedes atopar unha ficha dos personaxes e unha sinopsis da ópera á que pertencen: La Flauta Mágica de Wolfgang Amadeus Mozart, Turandot de Giacomo Puccini, La Cenerentola de Gioachino Rossini, Rigoletto de Giuseppe Verd e Luisa Fernanda de Federico Moreno Torroba.
Se queredes descargar algunha destas App, clicade na imaxe.
|
|||
A papiroflexia ou o origami son duas palabras raras que fan referencia a unha técnica que consiste en facer figuras de papel dobrándoo varias veces, sen cortalo nin pegalo. E claro os nenos de 2ºB, aproveitamos para aprender matemáticas facendo unha paxariña de papel. |
|||
Os nenos e nenas de 3ºA seguimos aprendendo cousas sobre Kandinsky. Esta semana estivemos buscando información sobre o que era unha biografía e despois cada quen leu en alto o que sabia e fomos sacando algunhas ideas. |
|||
En Matemáticas estamos estudando a proporcionalidade; e neste vídeo axúdannos a entedela moito mellor.
|
|||
|
|||||
@s nen@s de 3ºA estamos facendo un proxecto sobre Kandinsky en tres áreas distintas do currículo. En matemáticas estamos utilizando un dos seus cadros para medir e calcular radios e diámetros. Esta semana fixemos dúas actividades: |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- seguinte ›
- última »