[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ MES DE OUTUBRO 2024 Páxina gedepevi 27/09/2024 - 15:16
CALENDARIO DE AVALIACIÓNS 24/25 Páxina gedepevi 27/09/2024 - 11:02
ACTA ASAMBLEA 13_09_24 ANPA pipaca 16/09/2024 - 14:10
CADRO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA pipaca 11/09/2024 - 08:58
SOLICITUDE PARA SER SOCIO DA ANPA ANPA pipaca 11/09/2024 - 08:51
MENÚ MES DE SETEMBRO 2024 Páxina gedepevi 06/09/2024 - 19:47
FALTA DE PROFESORADO ANPA pipaca 04/09/2024 - 13:20
Contacto co centro CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. Páxina bggon 31/07/2024 - 10:39

VISITA Á TVG

O 26 de marzo, o alumnado de 1º ESO e 2º C visitou as instalacións da Compañía da Radio e Televisión de Galicia en San Marcos (Santiago de Compostela).  Nas instalacións da TVG coñeceron de preto o traballo que hai detrás das imaxes e programas que ven nas súas casas. Visitaron os platós de informativos e doutros programas e coñeceron os seus elementos: luz, son, pantallas, cámaras,..

Logo de resolver todas as dúbidas e curiosidades que tiñan foron tamén á radio, onde puideron observar a emisión dun programa en directo e charlaron na redacción cos periodistas que alí estaban e que amablemente lles falarron do seu traballo. Algúns alumnos tiveron o privilexio de adentrarse nos camerinos de perruquería e maquillaxe e outros viron como é o roupeiro dos presentadores da tele.

Fixeron fotos con Xabarín, cos protagonistas da serie Serramoura e, para rematar a interesante xornada, charlaron con Xosé Ramón Gayoso.