Biografía de Kandinsky
Os nenos e nenas de 3ºA seguimos aprendendo cousas sobre Kandinsky.
Esta semana estivemos buscando información sobre o que era unha biografía e despois cada quen leu en alto o que sabia e fomos sacando algunhas ideas.
Así soubemos que a palabra biografía ben do grego e que significa historia dunha vida, que unha biografía contén datas e feitos que ocorren na vida de alguén, que están escritas en terceira persoa e que poden ser en papel ou en formato audiovisual.
Despois vimos unha biografía de Kandinsky na pizarra dixital e comprobamos se as nosas ideas sobre o que é unha biografía se correspondían co que aparecía no video.