Milu, GRAZAS ploa túa xenerosidade, GRAZAS polo teu cariño, GRAZAS polo teu sorriso, GRAZAS pola túa simpatía, GRAZAS polo teu traballo, GRAZAS polo tempo compartido. ATA SEMPRE querida amiga!
|
|||
Nos documentos adxuntos poderedes consultar a listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto para o curso 2019/20 de Educación Secundaria.
|
|||
Publicación da listaxe provisional de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto para o curso 2019/20. |
|||
A partir deste curso escolar o horario do centro é o que segue: Hora de entrada: ás 9:10 horas Hora de saída: ás 15: 40 horas, agás os martes que será ás 17:20 horas. As rutas de transporte seguen sendo as mesmas polo que a súa duración tamén, iso significa que o alumnado empregará o mesmo tempo que viña empregando para chegar ao centro ou ao seu domicilio.Tan só deben ter en conta a nova hora de entrada e de saídas á hora de levar ou recoller na parada aos seus fillos e fillas. O Concello oferta o Servizo de Concilia en horario de mañá ( de 7:45 a 9:00) e nas tardes do luns, mércores e xoves ( de 15:40 a 17:00). De facer uso do servizo de tarde, o alumnado terá que ser recollido no centro pola súa familia. |
|||
Está aberto o prazo de inscrición no Servizo “Lousame Concilia” para o curso 2019/2020. É un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro durante os períodos lectivos.
O prazo para apuntarse remata este venres 19 de xullo.
Podes anotar ao neno/a para que asista ao Servizo en horario de mañá (7:45 a 9:00 horas), de tarde (luns, mércores e xoves, de 15:40 a 17:00 horas) ou ambos.
Os impresos de inscrición están no enlace adxunto, da páxina web municipal |
|||
Listaxe definitiva do Fondo Solidario de libros de texto para a etapa de Educación Primaria (3º e 4º). |
|||
Este curso 2018/19 o CPI Plurilingüe Cernadas de Castro iniciou a súa andadura, despois de ser seleccionado xunto con 9 centros máis de toda Galicia, no proxecto Espazos Maker. O noso centro atópase nun concello cunha relevante importancia económica e histórica no sector mineiro. Non en van xa pode datarse extracción de mineral no lugar de San Finx dende a Idade de Bronce. As Minas poden distinguirse como a primeira explotación de volframio iniciada en España e unha das primeiras de Europa que contou, durante a II Guerra Mundial coas instalacións técnicas máis avanzadas. Hoxe en día a mina continúa aberta e extraendo tanto wolframio coma estaño. Este contexto ofreceunos á comunidade educativa unha oportunidade única para poder desenvolver un traballo interdisciplinar no que se viron implicados todos os departamentos didácticos. Así, nun contexto de investigación, deseño e elaboración, o proxecto final traduciuse na construción dunha MAQUETA INTERACTIVA, a escala, das minas de San Finx, elaborada conxuntamente polo profesorado e alumnado de Secundaria . Este proxecto resultou ser unha ferramenta educativa moi valiosa porque contribuíu a fomentar moitas actitudes e valores que o alumnado foi adquirindo pouco a pouco, e tamén permitiu incorporar a metodoloxía do “aprender facendo”, tan valiosa hogano nas nosas aulas. De xeito transversal, os nenos e nenas aprenderon a valorar o traballo en equipo como estratexia para o desenvolvemento vital fronte ao individualismo, e a cooperar en vez de competir. Este proxecto, iniciado este curso, terá continuación no vindeiro curso dado que nos atopamos na primeira fase do mesmo. Como mostra de todo o proceso desenvolvido ata o momento elaboramos a seguinte presentación que queremos compartir con toda a comunidade educativa. Parabéns ao alumnado e profesorado por un traballo ben feito e polo seu grao de implicación e esforzo!
|
|||
Nos arquivos adxuntos figuran as listas de libros de texto de ED. Primaria e ESO. O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria utilizará o proxecto EDixgal polo que non terán que mercar ningún libro de texto. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »