[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44

NOVO HORARIO_CURSO 2019_20

A partir deste curso escolar o horario do centro é o que segue:

Hora de entrada: ás 9:10 horas

Hora de saída: ás 15: 40 horas, agás os martes que será ás 17:20 horas.

As rutas de transporte seguen sendo as mesmas polo que a súa duración tamén, iso significa que o alumnado empregará o mesmo tempo que viña empregando para chegar ao centro ou ao seu domicilio.Tan só deben ter en conta a nova hora de entrada e de saídas  á hora de levar ou recoller  na parada aos seus fillos e fillas.

O Concello oferta o Servizo de Concilia en horario de mañá ( de 7:45 a 9:00) e nas tardes do luns, mércores e xoves ( de 15:40 a 17:00). De facer uso do servizo de tarde, o alumnado terá que ser recollido no centro pola súa familia.

CONCILIA CONCELLO DE LOUSAME

Está aberto o prazo de inscrición no Servizo “Lousame Concilia” para o curso 2019/2020.

É un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro durante os períodos lectivos.

 

O prazo para apuntarse remata este venres 19 de xullo.

 

Podes anotar ao neno/a para que asista ao Servizo en horario de mañá (7:45 a 9:00 horas), de tarde (luns, mércores e xoves, de 15:40 a 17:00 horas) ou ambos.

 

Os impresos de inscrición están no enlace adxunto, da páxina web municipal 

www.concellodelousame.gal

Listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros de texto na etapa de Primaria para o curso

Listaxe definitiva do Fondo Solidario de libros de texto para a etapa de Educación Primaria (3º e 4º).

ESPAZOS MAKER

        Este curso 2018/19 o  CPI Plurilingüe  Cernadas de Castro iniciou a súa andadura, despois de ser seleccionado xunto con 9 centros máis de toda Galicia, no proxecto Espazos Maker. O noso centro atópase nun concello cunha relevante importancia económica e histórica no sector mineiro. Non en van xa pode datarse extracción de mineral no lugar de San Finx dende a Idade de Bronce. As Minas poden distinguirse como a primeira explotación de volframio iniciada en España e unha das primeiras de Europa que contou, durante a II Guerra Mundial coas instalacións técnicas máis avanzadas. Hoxe en día a mina continúa aberta e extraendo tanto wolframio coma estaño.

       Este contexto ofreceunos á comunidade educativa unha oportunidade única para poder desenvolver un traballo interdisciplinar no que se viron implicados todos os departamentos didácticos. Así, nun contexto de investigación, deseño e elaboración, o proxecto final traduciuse na construción dunha MAQUETA INTERACTIVA, a escala, das minas de San Finx, elaborada conxuntamente polo profesorado e alumnado de Secundaria .           

       Este proxecto resultou ser unha ferramenta educativa moi valiosa porque  contribuíu a fomentar moitas actitudes e valores que o alumnado foi adquirindo pouco a pouco, e tamén permitiu  incorporar a metodoloxía do “aprender facendo”,   tan valiosa  hogano nas nosas aulas.

      De xeito transversal, os nenos e nenas aprenderon a valorar o traballo en equipo como estratexia para o desenvolvemento vital fronte ao individualismo, e a cooperar en vez de competir.

          Este proxecto, iniciado este curso, terá continuación no vindeiro curso dado que nos atopamos na primeira fase do mesmo.

          Como mostra de todo o proceso desenvolvido ata o momento elaboramos a seguinte presentación que queremos compartir con toda a comunidade educativa.

            Parabéns ao alumnado e profesorado por un traballo ben feito e polo seu grao de implicación e  esforzo!

 

LISTAS DE LIBROS DE TEXTO.CURSO 2019_20

Nos arquivos adxuntos figuran as listas de libros de texto de ED. Primaria e ESO.

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria utilizará o proxecto EDixgal polo que non terán que mercar ningún libro de texto.

Listaxe definitiva das axudas ao alumnado para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019.x

Publicouse as listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente correspondentes ao disposto no artigo 17.6 da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle).

 

Fondo solidario de libros de texto 2019/20.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, mediante a Orde de 3 de maio de 2019 (DOG 94,  de 20/5/2019), convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar e regula a participación no fondo solidario de libros do alumnado de centros sostidos con fondos públicos, matriculado en  EP, ESO e EE para o curso 2019/20.

·          Tipos de axuda e destinatarios.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras 2019.

Estas listaxes poderán ser consultadas na páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasle/. Así mesmo, as especificacións referidas ás solicitudes incluidas no Anexo II consultarase a través da opción 3 "estado de solicitude" no menú.

Ábrese un parzo de 10 días naturais para efectuar reclamacións e para presentar documentación sinalada nos requerimentos relacionados coa comprobación de datos.

Distribuir contido